O Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale, xeralmente abreviado ESSM ou Le Portel, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Portel, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. O seu pavillón é Le Chaudron, recinto con capacidade para 3 500 espectadores.

ESSM Le Portel
Información xeral
Nome Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale
Liga Pro A
Alcume ESSM
Fundación 1931
Cores                Verde, gris, branco
Presidente Francia Yann Rivoal
Adestrador Francia Éric Girard
Localización
Cidade Francia Le Portel, Francia
Pavillón Le Chaudron
Capacidade 3 500
Inauguración 28 de novembro de 2015
essm-basket.fr

Historia editar

A sociedade deportiva Étoile Sportive Saint-Michel foi fundada no ano 1928, sendo o baloncesto unha das súas seccións. Durante a maior parte da súa historia competiu en categorías inferiores do baloncesto francés. Na temporada 2006−07 o equipo finaliza na segunda posición da Nationale 1, o que lle serve para ascender á LNB Pro B, segunda categoría profesional gala. Na temporada 2014−15 o ESSM consegue chegar á final da Copa de Francia tras vencer a equipos de Pro A como Le Mans, Le Havre, ASVEL Lyon-Villeurbanne e Limoges CSP, actuais campións. Na final, porén, perden por 74−87 ante o SIG Strasbourg. Na temporada 2015−16, o Le Portel consegue un fito ao ascender por vez primeira á Pro A.[1] Na súa primeira temporada na máxima categoría o equipo consegue xogar os play-offs polo título tras finalizar sétimos en liga regular. Porén, nas eliminatorias perden en primeira rolda ante o Élan Chalon, equipo que posteriormente gaña a competición. Isto serve para que na temporada 2017–18 o equipo debute en competicións europeas, xogando a FIBA Europe Cup, na que chegan até cuartos de final, onde perden ante os Bakken Bears dinamarqueses.

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. V-D Copa Competicións europeas
2013–14 2 Pro B Rolda de 32
2014–15 2 Pro B Subcampión
2015–16 2 Pro B Rolda de 32
2016–17 1 Pro A
19–17
Cuartos de final
2017–18 1 Pro A 11º
16–18
Rolda de 16 4 FIBA Europe Cup CF 14–1–3
2018–19 1 Pro A 16º
10–24
Rolda de 16
2019–20 1 Pro A 18º
4–20
Rolda de 32
2020–21 1 Pro A 13º
13–21
Rolda de 16
2021–22 1 Pro A 14º
13–21
Rolda de 32

Pavillóns editar

Os seguintes son algúns dos pavillóns que ten utilizado o ESSM LE Portel como local:

  • Georges Carpentier (2003–2007)
  • Salle Damrémont (2007–2013)
  • Lycée Giraux-Sannier (2013–2015)
  • Le Chaudron (2015–presente)

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. Magdelaine, Emmanuel (11 de xuño de 2016). "Basket: Le Portel en Pro A" (en francés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar