Elias James Corey

químico estadounidense
(Redirección desde «E. J. Corey»)

Elias James Corey, nado en Methuen (EUA) o 12 de xullo de 1928 é un químico orgánico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1990 "polos seus adiantos en teoría e metodoloxía de síntese orgánica"".

Infotaula de personaElias James Corey

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Methuen, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCambridge (1961–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - química (–1951) Editar o valor em Wikidata
Director de teseJohn C. Sheehan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard, catedrático (1959–)
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoDale L. Boger (pt) Traducir, William L. Jorgensen (pt) Traducir, Hisashi Yamamoto (en) Traducir e Andrew G. Myers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Biografía

editar

Naceu na cidade de Methuen, poboación situada no estado norteamericano de Massachusetts. Estudou química no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se gradou en 1948 e doutorou en 1951. Entre 1951 e 1959 foi profesor na Universidade de Illinois, e a partir de 1959 é catedrático na Universidade Harvard.

Investigacións científicas

editar

Interesado na química orgánica, Corey desenvolveu interesantes investigacións acerca das reaccións químicas para entender o seu comportamento. Tamén a el se lle debe a creación da prostaglandina, sesquiterpeno, triciclohexaprenol e o ácido xiberélico, entre outros.

Tamén realizou pescudas na química teórica, desenvolvendo unha Teoría Xeral de Síntese, bautizada como retrosíntese. Esta consiste en someter unha molécula orgánica que se desexa sintetizar a unha serie de diseccións por etapas e de acordo cun conxunto de regras simples, tendo en conta o carácter e o contexto estrutural dos enlaces que se rompen. Foi o primeiro en ver a utilidade dos ordenadores, aplicándoos no proceso de retronsíntese.

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Sidney Altman
e
Thomas Cech
Premio Nobel de Química
 

1991
Sucesor:
Richard R. Ernst