Dygynnelw
Dygynnelw foi un bardo galés que se relaciona con Owain fillo de Urien Rheged. Se é certa a tradición de que o seu floruit foi na segunda metade do século VI e que era contemporáneo de Taliesin, daquela sería un bardo que lle cantaba a Urien no Hen Ogledd naquela época.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Só hai tres referencias sobre Dygynnelw. Na tríade da compilación Trioedd Ynys Prydain, menciónase como un dos "Tri bardd coch eu gwaywffyn Ynys Prydain", con Tristfardd e Afan Ferddig:
- Tri Gwaywrudd Beirdd Ynys Prydain:
- Tristfardd bardd Urien,
- A Dygynnelw bardd Owain ab Urien,
- Ac Afan Ferddig bardd Cadwallon mab Cadfan.
- Tres bardos de lanza vermella da illa de Bretaña:
- Tristfardd, bardo de Urien,
- e Dygynnelw, bardo de Owain ab Urien,
- e Afan Ferddig, bardo de Cadwallon mab Cadfan.
Nun texto medieval que ten que ver co oficio de bardo da corte, fálase de que unha variante do englyn unodl union é un englyn anghyfodl yr hwn a elwir "dull Dyg[yn]nelw" (Un englyn sen rima que se chama "modo de Dyg[yn]nelw").
Finalmente menciona o bardo Cynddelw Brydydd Mawr que o seu fillo Dygynnelw lle cantou unha elexía notábel. Rachel Bromwich suxire que Cynddelw elixiu chamar así ao seu fillo en recordo do Cynfardd (Dygynnelw é un nome moi infrecuente). Desgrazadamente toda a obra de Dygynnelw perdeuse, pero é evidente que ten un status particular na antiga tradición.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydein (argraffiad newydd, Caerdydd, 1991), tríade 11, p. 331.
- Nerys Ann Jones ac Ann Parry Owen (ed.), Gwaith Cynddelw Brydydd Mawr (Caerdydd, 1991), p. 367.