O durián[1] (Durio zibethinus) é unha especie de árbore tropical asiática pertencente á familia Malvaceae, orixinaria do sueste de Asia. Dá un froito comestíbel.

En Galicia non é aínda común o consumo.

Etimoloxía

editar

Froita amplamente coñecida e reverenciada no sueste de Asia e chamada "Rei das froitas",[2] o seu nome provén da verba malaia duri (espiña) co sufixo an, (usado para crear pronomes), e dando coma resultado "froita espiñenta".[3][4]

Descrición

editar

É unha árbore duns 25 m de alto, orixinaria do sueste de Asia pertencente á familia Malvaceae, unha enorme familia que inclúe o hibisco, o quiabo ou o cotón. O seu froito, especialmente apreciado polos nativos, é de varias formas, de cadrada a arredondada, dependendo da especie, con até 40 cm de circunferencia.[5][6] e entre 2 ou 3 kg de peso[5]; ten unha codia de espiñas de cor verde ou café, a casca é entre pálida a vermella, sempre dependendo especie.[5] Ten un gusto intenso e agradábel, unha textura cremosa (como o aguacate) e un cheiro moi forte, que pode desgustar a algunhas persoas. As sementes son comestíbeis unha vez asadas, esmagadas serven para preparar tortas.

As árbores de durián son relativamente altas, entre 25 e 50 metros de altura, dependendo da especie. As follas son perennes, opostas, elípticas e cadradas, de 10 a 18 centímetros de longo. As flores reprodúcense en grupos de 3 a 30, en pólas longas e no toro; cada flor ten un cáliz e 5 (raramente 4 ou 6) pétalos.

As árbores teñen unha ou dúas floración se frutificacións por ano, aínda que o tempo varía dependendo da especie, cultivo e localidade. Unha árbore de durián típica pode soster os froitos de 4 a 5 anos. O froito que pendura de cada póla, madura arredor dos tres meses despois da polinización.

Especies

editar

Hai arredor de 30 especies recoñecidas de árbores durián, todas nativas do sueste de Asia e polo menos 9 producen froitos comestíbeis.[7] coma: D. zibethinus, D. dulcis, D. grandiflorus, D. graveolens, D. kutejensis, D. lowianus, D. macrantha, D. oxleyanus e D. testudinarum. Porén, hai moitas especies aínda non estudadas debidamente.[5]

O Durio zibethinus é a única especie dispoñíbel no mercado internacional, as outras son vendidas localmente.

 
Unha planta de Durio zibethinus, de oito meses de idade.

É unha especie altamente coñecida polo valor alimentario dos seus froitos. Estes caracterízanse por presentar un mal cheiro (un fedor semellante a unha cebola podre), incluso en moitos hoteis de Malaisia teñen prohibido o seu consumo nos cuartos, dado que o fedor fica no cuarto máis de tres horas. A polpa é dunha cremosidade exquisita polo que é coñecido coma o mellor froito do mundo (Pérez, 1996).

Bärtels (2002), comenta que a polpa de tan exquisito froito contén proteínas, graxas e azucres. Consómese cru, aínda que forma parte de diversos pratos en estado verde, semi maduro e fermentado. En Asia é considerado afrodisíaco. As súas raíces, cascas e follas empréganse en menciñas populares. As sementes frítense ou tórranse en aceite. Emprégase tamén na elaboración de xeados.

É moi comercializado en Tailandia, Indonesia e Malaisia.

 
Froitos de durián prontos para consumir.
  1. Ningún dicionario galego recolle polo de agora o nome vulgar da planta nin do froito. O nome proposto coincide coas linguas relacionadas (castelán: durián, portugués: durião, inglés: durian) sendo a solución lóxica para o galego. Poñemos o nome en cursiva mentres non se referencie.
  2. Heaton, Donald D. (2006). A Consumers Guide on World Fruit. BookSurge Publishing. pp. 54–56. ISBN 1419639552. 
  3. Oxford English Dictionary. Oxford University Press. 1897. Via durion, the Malay name for the plant. 
  4. Huxley, A. (Ed.) (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan. ISBN 1-56159-001-0. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Brown, Michael J. (1997). Durio — A Bibliographic Review (PDF). International Plant Genetic Resources Institute (IPGRI). ISBN 92-9043-318-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-03-2009. Consultado o 14-03-2007. 
  6. Morton, J. F. (1987). Fruits of Warm Climates. Florida Flair Books. ISBN 0-9610184-1-0. 
  7. O'Gara, E., Guest, D. I. and Hassan, N. M. (2004). "8.1 Botany and Production of Durian (Durio zibethinus) in Southeast Asia" (PDF). Australian Centre for International Agricultural Research (ACIAR). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18-03-2006. Consultado o 05-03-2006. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bärtels, A. (2002). Plantas Tropicales, Ornamentales y Útiles. Guía de Identificación. Tropenpflazen. Berlín - Alemaña. 
  • Pérez, E (1996). Plantas Útiles de Colombia. Bogotá - Colombia. 
  • Flora of China Editorial Committee, 2007. Fl. China Vol. 12.

Ligazóns externas

editar