Abrir o menú principal

Coordenadas: 56°05′10″N 5°28′43″O / 56.08611, -5.47861

Penedo da fortificación de Dunadd.

Dunadd (en gaélico escocés: Dún Add, 'forte no [río] Add'), é unha fortificación da Idade de Ferro e de períodos posteriores preto de Kilmartin en Argyll and Bute, Escocia e crese que foi a capital do antigo reino de Dalriada.[1]

DescriciónEditar

Dunadd é un penedo rochoso que puido ser anteriormente unha illa e agora está no interior, preto do río Add, de onde recibe o seu nome, un pouco ó norte de Lochgilphead (NR 836 936). O terreo adxacente, agora en gran parte recuperado, antigamente era pantanoso e coñecido como o Mòine Mhòr 'gran Mofo' en gaélico. Iso, sen dúbida aumentou o potencial defensivo do lugar.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. John Keay and Julia Keay, Collins Encyclopedia of Scotland, (Harper Collins, 1994) p. 255.