Dudley R. Herschbach

químico estadounidense

Dudley R. Herschbach, nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA), é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Dudley R. Herschbach
Dudley R. Herschbach
Datos persoais
Nacemento18 de xuño de 1932 (91 anos)
LugarSan José, California Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
Campo
  • Matemáticas
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade Harvard
  • Universidade Stanford
  • Director de tese
  • Edgar Bright Wilson
  • Alumnos de tese
  • Richard Zare
  • Anita Goel
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Dinámica molecular
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1986)
  • Medalla Linus Pauling (1978)
  • Medalla Michael Polanyi (1981)
  • Medalla Irving Langmuir (1983)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Estudou na Universidade de Stanford, onde se graduou en 1954 e 1955 respectivamente en matemáticas e química. Posteriormente doutorouse en química na Universidade Harvard en 1958, e iniciou a súa tarefa docente en fisicoquímica na Universidade de California, Berkeley, para retornar en 1963 a Harvard. Desde 2005 é profesor de física na Universidade de Texas A&M.

    Investigacións científicas editar

    Xunto a Yuan T. Lee foi un dos primeiros científicos en adoptar a técnica dos haces moleculares con fins de investigación química. A creación en 1959 dun aparello co cal dous haces, cada un deles formado por partículas dunha mesma substancia, podían entrecruzarse permitiu a colisión de átomos e moléculas de diferentes especies, reaccionando entre si. Esta colisión permitiu observar como o produto resultante escapa do lugar no que se cruzan os haces. Co uso dunha variedade de detectores de partículas pódese determinar a enerxía dos produtos da reacción e a forma en que esta enerxía se distribúe entre as diferentes formas posibles, como a translación (movemento da molécula no seu conxunto), a vibración (oscilacións internas das partes das moléculas) e a rotación.

    En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Yuan T. Lee e o químico canadense John Charles Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Herbert A. Hauptman
    e
    Jerome Karle
    Premio Nobel de Química
     

    1986
    con
    Yuan T. Lee
    e
    John Charles Polanyi
    Sucesor:
    Donald James Cram,
    Jean-Marie Lehn
    e
    Charles J. Pedersen