Ducado de Palma de Mallorca

O Ducado de Palma de Mallorca foi un título nobiliario vitalicio concedido polo rei de España Xoán Carlos I, á súa filla a infanta Cristina de Borbón e Grecia o 26 de setembro de 1997, con ocasión do seu matrimonio con Iñaki Urdangarin. Non obstante, en medio do escándalo provocado polo Caso Nóos, no que se viu involucrada xunto ao seu marido, o seu irmán o Rei Filipe VI revogoulle a concesión do título ducal por un Real Decreto do 11 de xuño de 2015. O primoxénito da infanta, Juan Valentín, non o herdaría por tanto tras o falecemento da súa nai. A denominación do título facía referencia á cidade de Palma.

Ducado de Palma de Mallorca
Primeiro titularCristina de Borbón e Grecia
ConcesiónXoán Carlos I
LiñaxesCasa de Borbón
Actual titularRevertido á Coroa[1]

Duques de Palma de Mallorca

editar
Titular Período
Creación por Xoán Carlos I
I Cristina de Borbón e Grecia 1997-2015
Revogación por Filipe VI

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Real Decreto 1502/1997, que data do 26 de setembro de 1997, polo que se concede, con carácter vitalicio, a facultade de usar o título de Duquesa de Palma de Mallorca á Súa Alteza Real a Infanta Dona Cristina. (en castelán)
  • Real Decreto 470/2015, que data do 11 de xuño de 2015, polo que se revoga a atribución a Súa Alteza Real a Infanta Dona Cristina da facultade de usar o título de Duquesa de Palma de Mallorca. (en castelán)