Draymond Green

baloncestista estadounidense

Draymond Jamal Green, nado o 4 de marzo de 1990 en Saginaw, Míchigan, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

Draymond Green
Golden State Warriors – No. 23
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 4 de marzo de 1990 (34 anos)
Saginaw, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Instituto Saginaw HS
Universidade Michigan State (2008−2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 35
Por Golden State Warriors
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Golden State Warriors (2012-presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015, 2017, 2018)
1× 1º Equipo Defensivo da NBA (2015)

Traxectoria profesional editar

Golden State Warriors (2012-presente) editar

Tempada 2012-2013 editar

Green foi seleccionado na 35ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors, e asinou con eles un contrato de tres anos e 2.6 millóns de dólares. No primeiro partido da tempada, o 31 de outubro contra os Phoenix Suns, Green xogou un minuto, capturando un rebote defensivo e facendo unha falta.[1] Co paso dos partidos, foi aumentando o número de minutos de xogo, especialmente coas lesións de Brandon Rush e Richard Jefferson.[2] Green anotou o primeiro punto da súa carreira profesional ó anotar un tiro libre contra os Los Angeles Lakers, na derrota de Golden State por 101-77, o 9 de novembro de 2012.

Tras xogar uns poucos minutos ó comezo da tempada, a mediados de novembro Green tivo preto de 17 minutos por partido en 5 encontros.[3] O 12 de decembro de 2012, Green anotou a bandexa gañadora a 0.9 segundos do remate do partido na vitoria dos Warriors por 97-95 contra os campións da tempada anterior Miami Heat.[4][5]

Notas editar

  1. "Draymond Green game log, 2012-2013". ESPN. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  2. Simmons, Rusty (10 de decembro de 2012). "Warriors' Green makes big contribution". San Francisco Chronicle. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  3. Thompson, Marcus II (23 de novembro de 2012). "Warriors rookie Draymond Green earning more minutes". The Oakland Tribune. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  4. Associated Press. "Draymond Green's layup with 0.9 seconds left lifts Warriors past Heat". ESPN. Consultado o 12 de decembro de 2012. 
  5. NBA (12 de decembro de 2012). "Draymond Green Helps the Warriors Sink the Heat". Youtube. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar