Dragon Ball Z: Ultimate Battle 22
videoxogo de 1995
Dragon Ball Z: Ultimate Battle 22 (en xaponés: ドラゴンボールZ: アルティメイトバトル22; Doragon Bōru Zetto: Arutimeito Batoru Towintetzū) é un videoxogo xaponés de loita de 1995, desenvolvido por Tose e publicado por Bandai e Infogrames para a consola PlayStation. Baseado na franquía de Akira Toriyama Dragon Ball, o seu modo de xogo é semellante ó da subserie Super Butōden, consistente en pelexas un contra un cunha configuración de seis botóns. Contén movementos especiais, así como cinco modos de xogo diferentes. Tamén é coñecido como "Ultimate Battle 22" ou "UB22" polos fans debido á lista de vinte e dous personaxes xogables da serie.
Dragon Ball Z: Ultimate Battle 22 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Tose |
Director(es) | Ichisuke Hiten |
Produtor(es) | Kazumasa Ogata |
Deseñador(es) | Aiko Nakatsuka Haruse Kataoka Jiro Inoue |
Artista(s) | Aka Yasuda Atsushi Fujimoto |
Compositor(es) | Kenji Yamamoto |
Lanzamento | 28 de xullo de 1995 xullo de 1996 América do Norte: 25 de marzo de 2003 |
Xénero | Loita |
Modos de xogo | Un xogador e dous xogadores |
Plataforma(s) | PlayStation |
Serie | Dragon Ball Z |
[ editar datos en Wikidata ] |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xapón |