Dositeo Casanova Álvarez
comerciante e político galego
Dositeo Casanova Álvarez, nado na Pobra do Brollón e finado en Lugo o 7 de marzo de 1938, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Pobra do Brollón, España |
Morte | 7 de marzo de 1938 Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Traxectoria
editarFoi elixido concelleiro da Pobra do Brollón en 1931. Con motivo da revolución de Asturias foi detido; xulgado en Lugo acusado de auxilio á rebelión, foi condenado a seis anos e un día de prisión.[1] Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado e reposto no cargo de concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de outubro e ingresado na Cadea de Lugo. Xulgado en Lugo en consello de guerra por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 7 de marzo de 1938 con Antonio Reboiro Rodríguez.