Donnchadh MacGillÌosa

Donnchadh MacGillÌosa (en inglés, e oficialmente: Duncan Gillies), nado en Nis en 1941, é un escritor escocés en gaélico escocés.

Infotaula de personaDonnchadh MacGillÌosa
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Ness, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Aberdeen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , tradutor , horticultor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua gaélica escocesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 968339e8-adb4-4083-8629-eb30fbd0e943 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Universidade de Aberdeen e reside e traballa en Londres como mestre e xardineiro. Tradutor de Shakespeare publicou en 1988 un libro con traducións do dramaturgo co título de Seachd Luinneagan le Shakespeare, e en colaboración con outro escocés veciño de Londres, Calum Graham, deu ao prelo en 1991 unha selección de relatos de moi diversos autores, Thall's A-Bhos. Autor tamén dunha novela infantil Disathairn que apareceu en 1992. Publicou en 2004 o seu primeiro libro de relatos, dentro da serie Ùr-Sgeul, Tocasaid Ain Tuirc[1].

A súa segunda colección de relatos Màiri Dhall agus Sgeulachdan Eile foi finalista en 2013 ao premio ao mellor libro escocés da Sociedade Literaria Saltire[2].En 2018 publicou unha nova escolla de relatos, An Còta Dathach agus Deich Sgeulachdan Eile.

Notas editar

  1. "Corpas na Gàidhlig". dasg.ac.uk. 
  2. "2013 Saltire Society Literary Awards Shortlist". saltiresociety.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018.