Don Giovanni Records

Don Giovanni Records é un selo discográfico independente especializado orixinalmente no punk rock da escena musical de New Brunswick, Nova Jersey, aínda que no presente traballa con artistas de distintos xéneros.

Don Giovanni Records
Fundado en2004
FundadorJoe Steinhardt, Zach Gajewski
Xénero(s)rock alternativo, indie rock, punk rock, experimental, hip hop
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónNew Brunswick, Nova Jersey
Filadelfia, Pennsylvania
Lansing, Míchigan
dongiovannirecords.com

A discográfica é coñecida por desenvolver as carreiras de artistas como Screaming Females, Mitski, Waxahatchee, Laura Stevenson, e Moor Mother, así como por fomentar unha comunidade xeograficamente diversa de artistas, como Mal Blum, o músico nativo americano Keith Secola, o fundador de Holy Modal Rounders Peter Stampfel, Lavender Country, Swamp Dogg, Alice Bag, e o cómico Chris Gethard.[1]

Historia editar

Don Giovanni Records foi fundado por Joe Steinhardt e Zach Gajewski no ano 2004 mentres vivían en Boston.[2] Steinhardt e Gajewski iniciaron o selo mentres tocaban en bandas e estudaban na Universidade de Boston onde se coñeceron. Tras graduarse trasladáronse a New Brunswick, de onde era Steinhardt, para poder dedicarse a tempo completo á empresa.[3]

Notas editar

  1. "Joe Steinhardt". Westphal College of Media Arts & Design (en inglés). 2022-12-22. Consultado o 2023-02-27. 
  2. "Perfect 10: The Don Giovanni Story: Nothing Jersey Shore About It". Myspace. 2016-03-07. Archived from the original on 07 de marzo de 2016. Consultado o 2023-02-26. 
  3. "‘If I'm able continue to release records the way I want to, I am succeeding’". The Independent Music Insider (en inglés). Consultado o 2023-02-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar