Donald Francis Draper, coñecido como Don Draper, nado o 1 de xuño de 1926, é un personaxe de ficción e o protagonista da serie de televisión de AMC, Mad Men, interpretado polo actor norteamericano gañador do Globo de Ouro en 2008, Jon Hamm.

Jon Hamm, o actor que interpreta a Don Draper.

Traxectoria editar

Até o final da tempada 3, Draper traballou como Director Creativo da firma de publicidade Sterling Cooper de Manhattan. Despois deveu socio fundador dunha nova empresa, Sterling Cooper Draper Pryce, tras abandonaren el e mais os seus superiores a antiga axencia por mor dunha adquisición non desexada por outra compañía.

O personaxe de Draper está parcialmente inspirado en Draper Daniels, director creativo da axencia de publicidade Leo Burnett de Chicago na década de 1950, coñecido por ser o creador da campaña Marlboro Man.[1]. Porén, certas técnicas de publicidade de Don Draper así como algúns logros profesionais baséanse nos de Rosser Reeves, da axencia Ted Bates.

A maioría dos personaxes da serie saben pouco ou nada acerca da historia de Draper e da súa verdadeira identidade; As pistas para o espectador chegan a través do emprego de flashback, contadas confesións e visitas clandestinas a figuras do seu pasado.

Na ficción, o Don Drapper primixenio combateu na guerra de Corea. Aí foi onde coñeceu a Dick withman (John Hamm), que tras a súa morte adoptaría a súa identidade.

Personalidade editar

Don Draper característizase polo seu egoísmo e por ser mullereiro. Axusta o seu código ético e moral consonte as circunstancias; porén, o seu atractivo vén dado por unha fonda intelixencia e polo aire enigmático que o acompaña. Outra característica destacable súa é o cultivo do nihilismo.

Notas editar

  1. The Real-Life Don Draper, na revista Chicago en agosto de 2009, por Myra Janco

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar