Domingo Saavedra Sánchez (político)

político galego

Domingo Saavedra Sánchez, nado en Sarria e finado en Madrid o 20 de novembro de 1976, foi un político galego.

Infotaula de personaDomingo Saavedra Sánchez
Biografía
NacementoSarria, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 9 de outubro de 1958 – Ramón Taboada Salgado →
Procurador en Cortes
23 de febreiro de 1956 – 14 de abril de 1958
← Leoncio Areal Herrera
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiDomingo Saavedra Sánchez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Domingo Saavedra Sánchez.[1] Inspector de traballo, membro de Falange Española ocupou os cargos de delegado do Frente de Juventudes e subxefe provincial do movemento ata que foi nomeado alcalde de Ourense en febreiro de 1956, finalizando un longo período de interinidade no que ocupara o cargo o tenente de alcalde Manuel García Manzano.[2] Polo seu cargo de alcalde foi nomeado procurador nas Cortes. En setembro de 1958 deixou o cargo para ocupar un posto directivo na empresa Barreiros en Madrid.[3] Finou en Madrid o 20 de novembro de 1976.[4]


Predecesor:
Leoncio Areal Herrera
  
Alcalde de Ourense
 
1956 - 1958
Sucesor:
Ramón Taboada Salgado

Vida persoal editar

Casou con Luz Fernández Rego e foi pai de F. Javier, José Manuel e María Elena Saavedra Fernández.

Notas editar

  1. El Progreso,10-2-1956, p. 5.
  2. La Región, 7-2-1956, p. 3.
  3. La Región, 18-9-1958.
  4. Necrolóxica en ABC,25-11-1976, p. 103.