Domingo Saavedra Sánchez (mestre)
Domingo Saavedra Sánchez, nado en Carballo (Friol) o 11 de febreiro de 1887 e finado en Sarria o 20 de outubro de 1970, foi un mestre nas escolas públicas de Sarria e fillo predilecto desta vila.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1887 Friol, España |
Morte | 20 de outubro de 1970 (83 anos) Sarria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Domingo Saavedra Sánchez |
Traxectoria editar
Exerceu preto de 40 anos a función docente, e non só atendeu as obrigas propias da escola que rexentaba, senón que, a falta de centros de estudos secundarios, impartiu clases preparatorias para bacharelato, maxisterio, comercio, oposicións etc., nun labor que alcanzou a varias xeracións de sarriaos. Moi integrado na vida cultural e social da vila foi cabeza dunha ampla familia. Recibiu a medalla de Afonso X O Sabio[1] e, facéndose eco do seu labor, o Concello nomeouno Fillo Adoptivo e Predilecto. Ten unha rúa dedicada na Zona Escolar.
Vida persoal editar
Casou con Regina Sánchez Castro, que finou en 1947, e foi pai de José Manuel, María Teresa, Regina, Antonio, Domingo, María Mercedes, María Rosario, Marina e María Emma Saavedra Sánchez.[2]