Domótica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía para mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en contornos antropizados.
Historia e características
editarEsta disciplina naceu no curso da Terceira Revolución Industrial. O termo é un cruzamento das palabras domus (que significa "casa" en latín) e robótica (de robot, que significa escravo en checo)
Un hábitat ou edificio domótico é aquel dotado de automatismos coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que viven nese espazo, de xeito que se reduza o traballo doméstico, aumentando a seguranza, racionalizando os diferentes consumos e optimizando os recursos. Un sistema domótico debe ter a ubicuidade suficiente no seu control, teléfono, PDA, PC, Internet etc. Por exemplo, nun edificio domótico, durante o inverno, as persianas poderían subirse automaticamente durante o día, e pola noite baixarían elas soas, aproveitando a luz e a calor solar ao longo do día, favorecendo a optimización do consumo enerxético da edificación. Isto é un exemplo básico, aínda que un bo sistema domótico debe ofrecer infinitas posibilidades de control dunha maneira sinxela.
Elementos importantes nunha instalación domótica
editar- Incremento do conforto
- Automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes.
- Climatización automática (aalefacción e refrixeración).
- Optimización da xestión de consumos: enerxía eléctrica, gas, recursos hídricos.
- Uso de enerxías renovábeis (enerxía solar, enerxía xeotérmica, enerxía eólica).
- Automatización de tarefas: rego, acendido de servizos a certas horas, en función de acontecementos etc.
- Ubicuidade no control, tanto externo como interno, control remoto de Internet, PC, mandos sen fío (p. ex. PDA con WiFi), aparatos eléctricos.
- Facilidade de uso (GUI, interface de usuario gráfico, aplicación).
- Xestión do lecer.
- Alarmas. Vixilancia anti-incendios. Temperatura. Detección de fugas de gas ou auga.
- Control de accesos.
- Control biométrico.
- Control de servizos para simular a presenza de xente durante ausencias prolongadas.
- Xestión de alarmas técnicas: corte de subministración, posibilidade de visualización remota do edificio.
Control
editarTodas as ordes que se efectúan nunha casa domótica realízanse a través de diferentes sistemas:
- IR (mando por raios infravermellos)
- Inalámbrico
- Teléfono