Dolores Abuín Martínez
mestra e política galega
María Dolores Abuín Martínez, nada en 1928, é unha mestra e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 (96/97 anos) |
Alcaldesa de Ribadumia | |
1979 – 1983 – Nené Barral → | |
Alcaldesa de Valga | |
1975 – 1979 | |
Actividade | |
Ocupación | política, mestra |
Traxectoria
editarCon 17 anos sacou a carreira de maxisterio. Casou co Arturo Silva Ruibal, médico en Barrantes. Foi alcaldesa de Valga durante o franquismo e nas primeiras eleccións democráticas alcaldesa de Ribadumia pola UCD. Logo de enviuvar en 1983 decide non continuar na política e retírase, pero catro anos despois, nas municipais de 1987 presentouse de novo encabezando a lista do CDS e saíu elixida concelleira como único partido da oposición. Ao termo desa lexislatura abandonou definitivamente a vida política.
Predecesor: Daniel Barreiro Ramos |
Alcaldesa de Valga 1975 - 1979 |
Sucesor: Albino Ferreirós Gil |
Predecesor: Basilio Rodrigo Castro Sartajes |
Alcaldesa de Ribadumia 1979 - 1983 |
Sucesor: José Ramón Barral |