Dog Eat Dog
Dog Eat Dog é unha banda estadounidense de hardcore punk procedente de Bergen County, Nova Jersey que se formou en 1990 como parte das escenas hardcore de Nova York e Nova Jersey. Dog Eat Dog foi un dos primeiros grupos en fusionar hardcore e rap, un estilo que posteriormente se faría común. Dog Eat Dog acadou o éxito comercial con sinxelos como "No Fronts", "Expect The Unexpected" e "Who's The King". Despois do seu álbum de estrea, o son da banda evolucionou para incorporar elementos do funk, do ska e do hip hop.
Dog Eat Dog | |
---|---|
Orixe | Bergen County, Nova Jersey, |
Período | 1990 - actualidade |
Xénero(s) | hardcore punk, rap metal, rapcore |
Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner, Wanted Records |
Membros | Dave Neabore John Connor Brandon Finley |
Antigos membros | Sean Kilkenny Mark De Backer Dan Nastasi |
Na rede | |
http://www.dogeatdog.nl | |
A actual formación está composta por Dave Neabore (baixo), John Connor (voces) e Brandon Finley (batería), coa axuda de Roger Haemmerli (guitarra) para as actuacións ao vivo. Os seus membros agora atópanse dispersos entre Nova Jersey, Washington, D.C. e Europa.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
All Boro Kings | 1994 | Roadrunner Records |
Play Games | 1996 | Roadrunner Records |
Amped | 1999 | Roadrunner Records |
Walk With Me | 2006 | Nuclear Blast, Wanted Records |
Free Radicals | 2023 | Metalville |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)