Doenza arterial coronaria
A doenza arterial coronaria é un grupo de doenzas que inclúe anxina estable, anxina inestable, infarto do miocardio e parada cardiorrespiratoria.[1] Este grupo fai parte dun grupo maior de doenzas, denominado doenzas cardiovasculares, do cal é o tipo máis común. O síntoma máis común é dor ou molestia no peito que pódese desprazar cara ao ombreiro, brazo, costas, pescozo ou maxilar.[2] De cando en vez os síntomas poden ser similares a azia. Xeralmente os síntomas maniféstanse durante o exercicio ou en situacións de estrés, duran poucos minutos e melloran co repouso.[2] Tamén pode causar falta de aire. Nalgúns casos non se manifestan síntomas.[2] Ás veces, o primeiro sinal é un ataque cardíaco.[3] Entre outras complicacións están insuficiencia cardíaca ou arritmia cardíaca.[3]
Doenza arterial coronaria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Aterosclerose nunha arteria coronaria. | |
MedlinePlus | 007115 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Entre os factores de risco están a hipertensión arterial, tabaquismo, diabetes, falta de exercicio, obesidade, colesterol alto, dieta inadecuada, consumo excesivo de bebidas alcohólicas[4][5] e depresión.[6] O mecanismo subxacente implica a aterosclerose das arterias do corazón.[5] Hai varios exames que poden auxiliar o diagnóstico, incluíndo electrocardiogramas, probas de esforzo, coronariografia por tomografía computerizada e anxiografia coronaria por cateterismo etc.[7]
A prevención consiste en manter unha dieta saudable, practicar exercicio físico regularmente, manter un peso saudable e non fumar.[8] Por veces son tamén usados medicamentos para controlar a diabetes, o colesterol alto ou a hipertensión arterial.[8] As evidencias dos beneficios do cribado en persoas de baixo risco e sen síntomas son limitadas.[9] O tratamento consiste nas mesmas medidas de prevención,[10][11] podendo tamén ser recomendados outros medicamentos, incluíndo antiagregantes plaquetarios como a aspirina, betabloqueadores ou nitroglicerina.[11] Nos casos graves poden ser consideradas intervencións como anxioplastia coronaria ou cirurxía de bypass coronarios.[11][12] Con todo, en persoas con doenza estable non está claro se estas intervencións aumentan a esperanza de vida ou diminúen o risco de ataques cardíacos en relación cos restantes tratamentos.[13]
En 2013 as doenzas arteriais coronarias foron a principal causa de morte en todo o mundo, sendo a causa de 8,14 millóns de mortes (16,8%), un aumento en ralación ás 5,74 millóns de mortes (12%) en 1990.[14] Con todo, o risco de morte por enfermidades coronarias en determinada idade ten vindo a diminuír entre 1980 e 2010, sobre todo nos países desenvolvidos.[15] O número de casos de doenzas coronarias en determinada idade tamén ten vindo a diminuír entre 1990 e 2010.[16] En 2010, nos Estados Unidos, preto de 20% das persoas con máis de 65 anos presentaban doenzas arteriais coronarias, mentres que entre os 45 e 64 anos a porcentaxe era de soamente 7% e entre os 18 e 45 anos de 1,3%.[17] En determinada idade, a prevalencia da doenza é maior entre homes que en mulleres.[17]
Notas
editar- ↑ Wong, ND (maio de 2014). "Epidemiological studies of CHD and the evolution of preventive cardiology.". Nature reviews. Cardiology 11 (5): 276–89. PMID 24663092. doi:10.1038/nrcardio.2014.26.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "What Are the Signs and Symptoms of Coronary Heart Disease?". www.nhlbi.nih.gov/. 29 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Coronary Artery Disease (CAD)". cdc.gov. 12 de março de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ Mehta, PK; Wei, J; Wenger, NK (16 October 2014). "Ischemic heart disease in women: A focus on risk factors.". Trends in Cardiovascular Medicine 25: 140–151. PMID 25453985. doi:10.1016/j.tcm.2014.10.005.
- ↑ 5,0 5,1 Mendis, Shanthi; Puska, Pekka; Norrving, Bo (2011). Global atlas on cardiovascular disease prevention and control (PDF) (1st ed.). Geneva: World Health Organization in collaboration with the World Heart Federation and the World Stroke Organization. pp. 3–18. ISBN 9789241564373. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de agosto de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2017.
- ↑ Charlson, FJ; Moran, AE; Freedman, G; Norman, RE; Stapelberg, NJ; Baxter, AJ; Vos, T; Whiteford, HA (26 de novembro de 2013). "The contribution of major depression to the global burden of ischemic heart disease: a comparative risk assessment". BMC medicine 11: 250. PMID 24274053. doi:10.1186/1741-7015-11-250.
- ↑ "How Is Coronary Heart Disease Diagnosed?". www.nhlbi.nih.gov/. 29 de setembro de 2014. Consultado o 25 de fevereiro de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 "How Can Coronary Heart Disease Be Prevented or Delayed?". www.nhlbi.nih.gov. Consultado o 25 de fevereiro de 2015.
- ↑ Desai, CS; Blumenthal, RS; Greenland, P (April 2014). "Screening low-risk individuals for coronary artery disease.". Current atherosclerosis reports 16 (4): 402. PMID 24522859. doi:10.1007/s11883-014-0402-8.
- ↑ Boden, WE; Franklin, B; Berra, K; Haskell, WL; Calfas, KJ; Zimmerman, FH; Wenger, NK (outubro de 2014). "Exercise as a therapeutic intervention in patients with stable ischemic heart disease: an underfilled prescription.". The American Journal of Medicine 127 (10): 905–11. PMID 24844736. doi:10.1016/j.amjmed.2014.05.007.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "How Is Coronary Heart Disease Treated?". www.nhlbi.nih.gov/. 29 de setembro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ Deb, S; Wijeysundera, HC; Ko, DT; Tsubota, H; Hill, S; Fremes, SE (20 de novembro de 2013). "Coronary artery bypass graft surgery vs percutaneous interventions in coronary revascularization: a systematic review.". JAMA 310 (19): 2086–95. PMID 24240936. doi:10.1001/jama.2013.281718.
- ↑ Rezende, PC; Scudeler, TL; da Costa, LM; Hueb, W (16 de febreiro de 2015). "Conservative strategy for treatment of stable coronary artery disease". World journal of clinical cases 3 (2): 163–70. PMID 25685763. doi:10.12998/wjcc.v3.i2.163.
- ↑ GBD 2013 Mortality and Causes of Death, Collaborators (17 de dezembro de 2014). "Global, regional, and national age-sex specific all-cause and cause-specific mortality for 240 causes of death, 1990-2013: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2013.". Lancet 385: 117–171. PMC 4340604. PMID 25530442. doi:10.1016/S0140-6736(14)61682-2.
- ↑ Moran, AE; Forouzanfar, MH; Roth, GA; Mensah, GA; Ezzati, M; Murray, CJ; Naghavi, M (8 de abril de 2014). "Temporal trends in ischemic heart disease mortality in 21 world regions, 1980 to 2010: the Global Burden of Disease 2010 study". Circulation 129 (14): 1483–92. PMID 24573352. doi:10.1161/circulationaha.113.004042.
- ↑ Moran, AE; Forouzanfar, MH; Roth, GA; Mensah, GA; Ezzati, M; Flaxman, A; Murray, CJ; Naghavi, M (8 April 2014). "The global burden of ischemic heart disease in 1990 and 2010: the Global Burden of Disease 2010 study". Circulation 129 (14): 1493–501. PMID 24573351. doi:10.1161/circulationaha.113.004046.
- ↑ 17,0 17,1 Centers for Disease Control and Prevention, (CDC) (14 de outubro de 2011). "Prevalence of coronary heart disease--United States, 2006-2010.". MMWR. Morbidity and mortality weekly report 60 (40): 1377–81. PMID 21993341.