Djuna Barnes
Djuna Barnes, nada en Cornwall-on-Hudson (Nova York) o 12 de xuño de 1892 e finada en Nova York o 18 de xuño de 1982, foi unha escritora estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1892 Cornwall-on-Hudson, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 18 de xuño de 1982 (90 anos) Greenwich Village, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Greenwich Village |
Educación | Instituto Pratt Art Students League of New York (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | poetisa, dramaturga, xornalista, escritora, novelista, pintora |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Lydia Steptoe |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Parella | Thelma Wood |
Pai | Henry Budington |
Irmáns | Saxon Barnes |
Parentes | Zadel Barnes Gustafson, avoa |
Descrito pola fonte | Obálky knih, American Women Writers (en) Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.41–42) >>>:Barnes, Djuna |
|
Traxectoria
editarNaceu en Cornwall-on-Hudson, unha colonia de artistas de Nova York. Os seus pais, Henry Budington Barnes e Elizabeth Chappel, estudaran violín en Inglaterra antes de casar e divorciáronse en 1913. O seu pai e a súa avoa transmitíronlle un grande aprecio pola arte (o fogar dos Barnes era constantemente frecuentado por grandes artistas como Jack London e Franz Liszt). Non tivo unha educación formal porque o seu pai cría que o sistema público era inadecuado, e por tanto sentía que o ensino no fogar era moito máis beneficiosa. Con 20 anos e mentres estudaba no instituto, comezou a súa carreira como reporteira e ilustradora para o Brooklyn Eagle. A súa nai e a súa avoa encargáronse da súa educación.
Aos 16 anos foi violada, parece ser que por un veciño e co consentimento do seu pai, ou posiblemente polo seu pai mesmo. Mencionou este feito de forma lateral na súa primeira novela Ryder, e máis directamente na súa obra Antiphon. As referencias sexuais explícitas na correspondencia coa súa avoa, coa cal compartiu cama durante anos, suxiren o incesto, pero a avoa Zelda que facía corenta anos que morrera cando se escribiu a obra, quedou fóra das súas acusacións.
Pasou unha longa tempada en París onde levou unha vida bohemia en plena eclosión das vangardas; e percorreu Europa. Os seus últimos 40 anos recluíuse en Nova York. Entre as súas amizades, destacan nomes como Ezra Pound, James Joyce, Gertrude Stein, Robert McAlmon, Natalie Barney, Peggy Guggenheim, Kay Boyle, Eugenio Montale, Elsa von Freytag-Loringhoven ou Janet Flanner en París e E. E. Cummings nos Estados Unidos.
Muller rebelde, desexosa de probar calquera experiencia nova e transgresora da moral burguesa, da política e das convencións artísticas, plasmou a súa vida nas súas obras, nas que aparecen o inconsciente, o onirismo, o lesbianismo, a transgresión e a fascinación.
Obra
editar- The Book of Repulsive Women: 8 Rhythms and 5 Drawings (1915)
- Three from the Earth (teatro, 1919)
- Kurzy from the Sexa (teatro, 1920)
- An Irish Triangle (teatro, 1921)
- She Tells Her Daughter (teatro, 1923)
- A Book (1923)
- Ladies Almanack showing their Signs and their Tides; their Moons and their Changes; the Seasons as it is with them; their Eclipses and Equinoxes; as well as a full Record of diurnal and nocturnal Distempers, written & illustrated by a lady of fashion (1928)
- Ryder (1928)
- A Night Among the Horses (1929)
- Nightwood (1936)
- The Antiphon (teatro, 1958)
- Spillway (1962)
- Selected Works (1962)
- Vagaries Malicieux (1974)
- Creatures in an Alphabet (1982)
- Smoke and Other Early Stories (1982)
- I Could Never Be Lonely without a Husband: Interviews by Djuna Barnes (1987)
- Djuna Barnes's New York (1989)
- At the Roots of the Stars: The Short Plays (1995)
- Poe's Mother: Selected Drawings (1996)
- Collected Stories of Djuna Barnes (1996)