División de Honra B de Rugby 2002-2003

A tempada 2002-2003 da División de Honra B foi a quinta edición da segunda división do rugby en España creada catro anos atrás pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición

editar

Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.

Os dez equipos participantes foron o ADUS, Arquitectura, Oviedo, Bera Bera e CDU Granada participantes na edición anterior; o Ciencias e Getxo descendidos da División de Honra; o CAR e CDU Málaga ascendidos da Primeira Nacional; e o BUC da Primeira Nacional que ocupou a praza deixada polo Montjuic, equipo que desapareceu.

A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.

Clasificación

editar
Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC
1º.   Getxo R.T. 33 18 16 1 1 691 224
2º.   Bera Bera R.T. 30 18 15 0 3 563 232
3º.   C.R. Ciencias 27 18 13 1 4 535 289
4º.   B.U.C. 23 18 11 1 6 371 297
5º.   C.D. Arquitectura 16 18 8 0 10 343 302
6º.   Oviedo R.C. 14 18 7 0 11 341 437
7º.   C.A.R. 14 18 7 0 11 342 454
8º.   A.D.U.S. 12 18 6 0 12 300 516
9º.   C.D.U. Málaga 9 18 4 1 13 284 493
10º.   C.D.U. Granada 2 18 1 0 17 168 694

O campión da categoría foi o Getxo Rugby Taldea.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar