Diversidade funcional

Diversidade funcional é un termo alternativo ao de discapacidade que comezou a utilizarse por iniciativa das propias persoas afectadas, e pretende substituír a outros cuxa semántica pode considerarse pexorativa, tales como "discapacidade" ou "minusvalía". Trátase dun cambio cara a unha terminoloxía non negativa sobre a diversidade funcional.[1] O termo foi proposto no Foro de Vida Independente, en xaneiro de 2005.[2]

A diversidade funcional podería entenderse tamén como un fenómeno, feito ou característica presente na sociedade que, por definición, afectaría a todos os seus membros por igual, debido a que durante a infancia e a senectude, todas as persoas son dependentes. Dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si, incluso grandes variacións destas nun mesmo individuo ao longo da súa vida, é posible afirmar que, nun momento dado, na sociedade existe diversidade funcional de forma semellante que se observa diversidade cultural, sexual ou xeracional.

Notas editar

  1. Agustina Palacios y Javier Romañach, El Modelo de la Diversidad, 2007, ISBN 978-84-964-7440-2
  2. (en castelán) Diversidad Funcional, un nuevo término para la lucha por la dignidad en la diversidad del ser humano. Arquivado 31 de outubro de 2017 en Wayback Machine. Foro de Vida Independiente. 2005.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar