Distrito de Mettmann

Coordenadas: 51°15′N 7°00′L / 51.250, -7.000

O Distrito de Mettmann é un Kreis situado no centro do Land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña.

Escudo do Kreis de Mettmann

Limita cos Kreis de Ennepe-Ruhr, Rhein-Kreis Neuss, Rheinisch-Bergischer Kreis e está cerca das cidades de Colonia, Leverkusen, Wuppertal, Solingen, Düsseldorf, Duisburgo, Mülheim e Essen.

É o distrito rural máis densamente poboado de Alemaña. Está cerca do Aeroporto Internacional de Düsseldorf, ao noroeste, e tamén está preto do aeroporto de Colonia/Bonn.

Recibe o nome de Mettmann, a cidade sede do distrito.

XeografíaEditar

 
Cidades e municipios do Kreis de Mettmann

Sitiado a unha altitude media de 143 msnm, o distrito ocupa unha superficie de 407,09 km2.

A súa poboación (segundo o censo de 31 de decembro de 2020) era de 484 322 habitantes,[1]

HistoriaEditar

No século XII a zona do distrito actual pasou a ser propiedade do condado Berg. Cando Napoleón ocupou a zona en 1792 converteuse nun cantón do distrito de Düsseldorf.

Despois do Congreso de Viena, a zona pasou a Prusia en 1816 como parte da provincia de Westfalia, e creouse o primeiro distrito de Mettmann. Este distrito fusionouse desde 1820 até 1861 co distrito de Elberfeld, que entón se converteu nunha cidade por dereito propio, e agora forma parte de Wuppertal. En 1877 a sede administrativa foi trasladada a Vohwinkel.

En 1929 parte da área foi cedida a Wuppertal, e o distrito fusionouse co distrito de Düsseldorf (Landkreis, excluíndo a propia cidade), para formar o distrito de Düsseldorf-Mettmann, con sede administrativa en Düsseldorf.

En 1952 a sede volveu ser Mettmann, e despois da última reorganización administrativa de 1975-1976 o distrito volveu ao nome antigo. As cidades Langenfeld e Monheim foron incluídas no distrito entón, mentres que Kettwig pasou a formar parte da cidade de Essen.

Cidades e municipiosEditar

  1.   Erkrath
  2.   Haan
  3.   Heiligenhaus
  4.   Hilden
  5.   Langenfeld
  1.   Mettmann
  2.   Monheim am Rhein
  3.   Ratingen
  4.   Velbert
  5.   Wülfrath

NotasEditar

  1. Landesbetrieb Information und Technik NRW (en alemán). Consultado o 25 de agosto de 2022.

Véxase taménEditar