Abrir o menú principal

Distribucións Arnoia

A sede de Arnoia en Ponte Caldelas.

Arnoia Distribución de Libros S.A., coñecida tamén como Distribucións Arnoia é un grupo empresarial galego dedicado á distribución de libros, tanto a nivel de estado como internacional. Creouse en 1987 como empresa independente, cunha organización comercial e loxística centralizada na provincia de Pontevedra.

Conta con máis de 6.000 clientes, repartidos pola Península Ibérica, Europa e América. Unha superficie de almacenamento de máis de 12.000 m² en Pontevedra (Ponte Caldelas), CASH&CARRY en Valencia e Oviedo, e oficina comercial en Lisboa. O número de empregados rolda as 180 persoas, e o seu fondo de distribución supera as 3.300 editoriais, 500.000 referencias e 160.000 títulos en stock.

Véxase taménEditar