Discos de Freno
Discos de Freno, é unha produtora e editorial fonográfica e audiovisual fundada en Cambre (provincia da Coruña) por Julián Hernández, líder de Siniestro Total e Ángeles Sánchez, coa colaboración de Fernando Pena na dirección artística, nun intento por editar, producir e promover novos artistas do panorama musical e audiovisual.
Discos de Freno | |
---|---|
Tipo | empresa produtora |
Sede | Cambre |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre as súas principais promocións encóntranse Transportes Hernández y Sanjurjo, un combo de guitarra e acordeón (co propio Julián Hernández e con Rómulo Sanjurjo, de Os Diplomáticos de Monte Alto), Mario Malapersona, cantautor de Ponteareas, e a creación do Novo Folk Postindutrial, unha reunión de xentes e cancións moi diferentes pero cunha ligazón sutil: a pretensión de crear un novo folclore para as xeracións vindeiras. Ademais dos xa sinalados, atópanse músicos como El Sobrino del Diablo, Bosco el Tosco, Víctor Coyote ou Pablo Novoa.