Discorsi del poema eroico
Discorsi dell'arte poetica e in particolare sopra il poema eroico (1594), tamén coñecido coma Discorsi del poema eroico, é unha obra de Torquato Tasso.[1] Trátase dunha reflexión filosófica sobre a natureza da poesía épica, escrita durante a elaboración do seu poema Gerusalemme Liberata (1581).[2]
Discorsi del poema eroico | |
---|---|
Retrato do autor, Torquato Tasso (1544-1595) | |
Título orixinal | Discorsi dell'arte poetica e in particolare sopra il poema eroico |
Autor/a | Torquato Tasso (1544-1595) |
Orixe | Italia |
Lingua | Italiano |
Xénero(s) | Ensaio |
Data de pub. | 1594 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA recente edición do primeiro libro da Poética de Aristóteles levou á publicación de numerosos libros de preceptos baseados nas ideas do filósofo grego. Estas normas ríxidas contrastaban coa liberdade e inspiración do Orlando Furioso de Ludovico Ariosto, o que conduciu a un debate público nos círculos literarios da época.
A obra de Tasso buscaba organizar dun xeito orgánico as reflexións xurdidas neste debate, así como fundamentar teoricamente os valores da cultura cortesana de Ferrara, onde vivía o poeta, centrados no hedonismo e a magnificencia.
Por outra banda, tamén considera o problema do valor pedagóxico das obras literarias, segundo o dictum de Horacio "miscere utile dulci" ("integrar o útil co doce"), que se estaba a considerar con moita seriedade co gallo da Contrarreforma.
Estrutura
editarA obra estrutúrase en varios libros. No primeiro deles, fálase da poesía coma imitación (mímese) orientada ao pracer. No segundo, Tasso argumenta que o tema da poesía debe ser "virtuoso e piadoso", subordinando a inspiración poética á razón e á relixión. No terceiro libro, compara as características do poema épico e do romance, defendendo a superioridade do primeiro. Porén, rexeita unha distinción ríxida entre ambos xéneros, xa que dende novo avogou por conciliar a tradición clásica coa romance, integrando a gravidade da épica coa variedade do romance. No cuarto libro, analiza os mecanismos típicos da fábula, enriquecendo a súa argumentación con abondosos exemplos. Nos dous derradeiros libros, trata en xeral sobre a elocución, da linguaxe poética e da compatibilidade da elegancia coa poesía épica.[3]
Notas
editar- ↑ "Discorsi del poema eroico - work by Tasso - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-23.
- ↑ Symonds, John Addington (2020-06-12). Renaissance in Italy (Vol. 1-7): Complete Edition (en inglés). e-artnow.
- ↑ Torquato Tasso (1964). Discorsi dell'arte poetica e del poema eroico.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Discorsi dell'arte poetica e in particolare sopra il poema eroico (Biblioteca Italiana)