Disco de ouro das Voyager

disco de gramófono que acompaña as sondas espaciais Voyager

O Disco de ouro das Voyager (en inglés "Sound of Earth", en galego Sons da Terra) é un disco de gramófono que acompaña as sondas espaciais Voyager, lanzadas en 1977. As sondas tardarán 74.500 anos en chegar ao punto máis próximo á estrela que está máis cerca do noso sistema solar.

Sons da Terra
Cuberta do disco

Contido editar

O disco contén sons e imaxes sobre a diversidade da vida e a cultura na Terra. Deseñouse co obxectivo de dar a coñecer a existencia de vida na Terra a algunha posible forma de vida extraterrestre intelixente que o encontrase, e que ademais teña a capacidade de poder ler, entender e descifrar o disco. O contido da gravación foi seleccionado pola NASA e por un comité presidido por Carl Sagan da Universidade Cornell.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar