Diocese católica latina de Baiona
A diocese de Baiona, Lescar e Oloron (en latín: diocesis Baionensis - Lascurrensis et Oloronensis, en francés diocèse de Bayonne, Lescar et Oloron) é unha diocese católica, erixida co nome de "diocese de Baiona" no século IV.[1]
Diocese de Baiona (- Lescar e Oloron) Diocesis Baionensis (- Lascurrensis et Oloronensis) | |
---|---|
Datos xerais | |
Erixida | Século IV |
Localización | Pireneos Atlánticos, Francia |
Sufragánea de | Bordeos |
Información | |
Ritos | Rito romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Bispo | Marc Aillet |
Outros datos | |
Páxina web | Diocese-Bayonne.org |
HistoriaEditar
A diocese de Baiona foi erixida no século IV. Logo do Concordato de 1801 entre a Santa Sé e Francia que levou a unha reorganización territorial das dioceses neste país, a diocese de Baiona recibiu territorios até entón pertencentes ás dioceses de Comminges, Lescar, Lombez e Tarbes. O 6 de outubro de 1822 cedeu territorio para o restablecemento das dioceses de Tarbes e Aire.
EpiscopoloxioEditar
- Artigo principal: Lista de bispos de Baiona.
Dende 1909, os bispos diocesanos de Baiona (Episcopus Baionensis) teñen tamén o título de bispo de Lescar (Episcopus Lascurrensis) e de Oloron (Episcopus Olorensis). Os bispos dende este acontecemento teñen sido os seguintes:[2]
- François-Xavier-Marie-Jules Gieure (1906 - 1933)
- Henri-Jean Houbaut (1934 - 1939)
- Edmund Vansteenberghe (1939 - 1943)
- Léon-Albert Terrier (1944 - 1957)
- Paul Gouyon (1957 - 1963)
- Jean-Paul Vincent (1963 - 1986)
- Pierre Molères (1986 - 2008)
- Marc Aillet (2008 - actualidade)
Notas e referenciasEditar
- ↑ Aperçus sur l’histoire du Diocèse de Bayonne Lescar et Oloron: Remarques preliminaires, par Monseigneur Bernard Goity, accedido o 7 de febreiro de 2020. (en francés)
- ↑ Diocese of Bayonne (en inglés)