Marc Aillet

Marc Marie Max Aillet, nado en Parakou (Benín) o 15 de abril de 1957,[1][2] e un eclesiástico católico francés, actualmente bispo diocesano de Baiona, Lescar e Oloron.

Marc Marie Max Aillet
Marc aillet.jpg
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento15 de abril de 1957 (63 anos) en Parakou, Benín
Ordes
Ordenación sacerdotal3 de xullo de 1982, por Giuseppe Siri
Consagración episcopal30 de novembro de 2008, por Jean-Pierre Ricard
Bispo de Baiona, Lescar e Oloron
2008 - actualidade
PredecesorPierre Molères
Outros
Coat of arms of Mgr Marc Aillet.svg
Escudo de Marc Aillet
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Comezou estudos de Medicina, mais deixounos para entrar na Comunidade San Martiño.[2] Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Xénova o 3 de xullo de 1982[1][2] polo arcebispo cardeal Giuseppe Siri.

Estudou na Universidade de Friburgo, onde licenciouse en Teoloxía moral, e doutorouse en Teoloxía coa tese "Lire la Bible avec saint Thomas – Le passage de la "lettera" à la "res" dans la Somme Théologique".[2]

O 15 de outubro de 2008 foi nomeado bispo de Baiona, Lescar e Oloron.[1][2] Recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo de Bordeos, Jean-Pierre Ricard, o 30 de novembro de 2008,[1] sendo os co-consagradores o seu predecesor Pierre Molères e o bispo de Fréjus-Toulon Dominique Rey.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario pontificio per l'anno 2009 (en italiano). 2008. p. 98. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "RINUNCE E NOMINE". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0647). 15 de outubro de 2008. 
  3. "Ordination épiscopale de Mgr Marc Aillet". Diocese de Fréjus-Toulon (en francés). 2 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pierre Molères
 Bispo de Baiona, Lescar e Oloron 
2008 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)