Digimon Adventure:

Digimon Adventure (デジモンアドベンチャー: Dejimon Adobenchā?) é unha serie de animación xaponesa creada en 2020 por Toei Animation, baseada na serie do mesmo nome, Digimon Adventure de 1999. É o primeiro reboot da franquía. A serie mantén os personaxes clásicos e ten algúns personaxes novos cunha historia renovada (pero mantendo algúns acontecementos do orixinal ou semellantes). Os tres primeiros emitíronse en abril pero os seguintes episodios non se emitiron ata o 28 de xuño (por causa da pandemia da COVID-19[2][3]).

Digimon Adventure:
デジモンアドベンチャー:
(Dejimon Adobenchā)
Anime Digimon Adventure:
Dirixido por Masato Mitsuka
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 5 de abril de 2020
Última emisión 2021
Núm. de capítulos 67[1]
Traballos relacionados

Argumento editar

No ano 2020, unha serie de ciberataques ocorren en Tokio e son o resultado de eventos catastróficos noutro mundo dentro de Internet, o Mundo Dixital, onde viven unhas criaturas chamadas Digimon. Mentres se preparan para o campamento de verán, sete nenos son transportados ao Mundo Dixital onde adquiren Digivices e compañeiros Digimon ao saber que foron escollidos para deter ameazas descoñecidas para os seus mundos.

Personaxes editar

Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.

Personaxes principais editar

Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe
Taichi "Tai" Kamiya
Yagami Taichi (八神 太一)
Yūko Sanpei (XAP) Agumon Chika Sakamoto (XAP)
O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Ten o emblema do Valor.
Yamato "Matt" Ishida
Ishida Yamato (石田 ヤマト)
Daisuke Namikawa (XAP) Gabumon Mayumi Yamaguchi(XAP)
É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade.
Sora Takenouchi
Takenouchi Sora (武之内 空)
Ryoko Shiraishi (XAP) Biyomon
Piyomon
Atori Shigematsu (XAP)
Ten o emblema do Amor.
Koushiro "Izzy" Izumi
Izumi Kōshirō (泉 光子郎)
Yumiko Kobayashi (XAP) Tentomon Takahiro Sakurai (XAP)
Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento.
Mimi Tachikawa
Tachikawa Mimi (太刀川 ミミ)
Marika Kouno (XAP) Palmon Kinoko Yamada (XAP)
Nun principio é vista como a egoísta e mimada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia.
Joe Kido
Kido Jō (城戸 丈)
Takeshi Kusao (XAP) Gomamon Junko Takeuchi (XAP)
O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade.
Takeru "T.K." Takaishi
Takaishi Takeru (高石 タケル)
Megumi Han (XAP) Patamon Miwa Matsumoto (XAP)
O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ten o emblema da Esperanza.
Hikari "Kari" Kamiya
Yagami Hikari (八神 ヒカリ)
Misaki Watada (XAP) Gatomon
Tailmon
Mie Sonozaki (XAP)
É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz.

Malvados editar

Argomon
(アルゴモン)
Episodios 1-3 Takashi Matsuyama (XAP)
O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Un Argomon que evoluciona ata a súa última fase, a mega. Destruído por Omnimon/Omegamon [a]. Reaparecen algúns Argomons pero en fases máis básicas para atacar de novo á rede.
MetalTyrannomon
(アイズモン)
Episodios 9-10 Descoñecido (XAP)
O segundo malvado ó que se enfrontan. Despois das derrotas de Ogremon fronte aos nenos elixidos, é enviado para rematar ao Ogremon e eles. Destruído por MetalGreymon.
Eyesmon
(アイズモン)
Episodios 3 (Ovo), 15-18 Kensuke Ōta (XAP)
O terceiro malvado ó que se enfrontan. Pode evolucionar a Orochimon (オロチモン) e despois a Nidhoggmon (ニーズヘッグモン). Destruído por Omnimmon/Omegamon.
SkullKnightmon
(スカルナイトモン)
Episodios 20-24, 27-Presente Descoñecido (XAP)
Un poderoso servo de Devimon, que pode evolucionar a AxeKnightmon/DarkKnightmon[b]. Cando o seu amo cae, el consegue escapar cun cristal (o Moon=Millenniummon).
Devimon
(デビモン)
Episodios 14-20 Ryōtarō Okiayu (XAP)
O malvado principal da primeira parte da serie. Pode evolucionar a NeoDevimon e despois a DoneDevimon. Na súa batalla con Greymon e Garurumon vese falando con alguén, quen pode ser o quen obriga a traballar para el. Destruído por Angemon.

Outros personaxes editar

  • Andromon: era un bo Digimon, que estaba desactivado nunha fábrica abandonada. Foi espertou e controlado por un Soundbirdmon.
  • Guardromon: é un bo Digimon, que foi atopado por Mimi. Foi o mellor amigo de Andromon.
  • Leomon: é un forte guerreiro que aparece xunto aos seus seguidores que axudan aos nenos elixidos, despois de axudar a uns dos seus amigos.
  • Ogremon: foi un fiel servo de Devimon ata que el o mudou polo MetalTyranomon. Facéndoo decidir a dicir aos nenos elixidoos a localización do castelo de Devimon. Aparece nos episodios 5-9.
  • Soundbirdmon: é unha especie de Digimon que controla aos bos Digimon (coma as rodas negras do Digimon Adventure clásico ou os aneis do mal, as espirais do mal e as agullas de control de Digimon Adventure 02).
  • Irmán de Joe: é o irmán máis vello de Joe. Aparece brevemente falando con Joe, despois de que Joe volvese xunto aos outros (Izzy, Mimi e Sora) enviados de volta á terra por Devimon.
  • Splashmon (Darkness Mode 2): aparece do lago de Miasma preto do castelo de Devimon.
  • Whamon: axuda ao Izzye Tentomon.
  • Varodurumon (Valdurmon): foi o Digimon que enviou aos nenos elixidos ao mundo dixital. O seu nome, probablemente veña de Baldur, o Deus da pureza da mitología escandinava que habitaba na estratosfera 40 quilómetros por enriba da superficie.
  • Eldoradimon: é un Digimon xigante coa aparencia dunha tartaruga e nel se atopaba o castelo de Devimon (antes dos Digimon sagrados).
  • Yuuko Kamiya: a nai de Tai e Kari. O seu nome, vén do "El Dorado", unha cidade feita de ouro.
  • Miko: o gato da familia Kamiya.

Episodios editar

# Título Data de emisión
01 "Crise dixital de Tokio" 5 de abril de 2020
02 "Xogo de guerra" 12 de abril de 2020
03 "E polo mundo dixital" 19 de abril de 2020
04 "Birdramon voa" 28 de xuño de 2020
05 "Os Digimon Sagrados" 5 de xullo de 2020
06 "O reino atacado" 12 de xullo de 2020
07 "Ese rapaz é Joe Kido" 19 de xullo de 2020
08 "Os nenos atacan a fortaleza" 26 de xullo de 2020
09 "O Digimon Ultimate ataca" 2 de agosto de 2020
10 "A superevolución do aceiro sólido" 9 de agosto de 2020
11 "O lobo de pé no deserto" 16 de agosto de 2020
12 "Florece Lilimon" 23 de agosto de 2020
13 "Garudamon das ás carmesí" 30 de agosto de 2020
14 "Choque dos Reis dos Insectos" 6 de setembro de 2020
15 "O martelo de ferro do raio do Zudomon" 13 de setembro de 2020
16 "A sombra negra acibeche invade Tokio" 20 de setembro de 2020
17 "A batalla de Tokio contra Orochimon" 27 de setembro de 2020
18 "Conta atrás para a aniquilación de Tokio" 4 de outubro de 2020
19 "Ouveo, Jyuoken" 11 de outubro de 2020
20 "O sétimo esperta" 18 de outubro de 2020
21 "A actualización do cambio de marea" 25 de outubro de 2020
22 "O invencible Sagitario azul" 1 de novembro de 2020
23 "O mensaxeiro das tebras, Devimon" 8 de novembro de 2020
24 "A etapa final, DoneDevimon" 15 de novembro de 2020
25 "Mergúllate ao seguinte océano" 22 de novembro de 2020
26 "A través da barricada de monstros mariños" 29 de novembro de 2020
27 "Ao novo continente" 6 de decembro de 2020
28 "A loita dos nenos pola supervivencia" 13 de decembro de 2020
29 "Escapa da selva ardente" 20 de decembro de 2020
30 "O Digimon Mega, WarGreymon" 27 de decembro de 2020
31 "A nova escuridade, Millenniummon" 10 de xaneiro de 2021

Notas editar

  1. Omnimon é o nome occidental do personaxe e Omegamon é o nome do personaxe en Xapón "O usuario Ginger_Badger contesta aos usuarios Wrathicus e DarkBugz" Modelo:Url=https://www.reddit.com/r/DigimonLinkz/comments/762n9y/omnimon to omegamon/, Reddit, 13 de outubro de 2017. Segundo o usuario Ginger_Badger "Non só a película, senón tamén o dub inglés da serie. Tamén me desconcertou cando notei por primeira vez a diferenza na tradución. Aínda o chamo Omnimon por costume.”
  2. AxeKnightmon é o nome occidental do personaxe e DarkKnightmon é o nome do personaxe en Xapón [ "No deseño do personaxe, no apartado de etimoloxía"]Modelo:Url=https://digimon.fandom.com/wiki/AxeKnightmon, Digimon Wiki, 13 de outubro de 2017. Segundo a información "O seu nome vén dos dous Digimon dos que está formado Axemon e SkullKnightmo e, en vez diso, na dobraxe orixinal o seu nome vén da palabra "Cabaleiro negro" en inglés”.
Referencias
  1. Toei Animation (ed.). "To All Our Fans:". Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  2. Toei Animation (ed.). "To All Our Fans:". Consultado o 19 de abril de 2016. 
  3. "Digimon Adventure:, Healin' Good Precure Delay New Episodes Due to COVID-19". Anime News Network (en inglés). Consultado o 2022-03-03. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar