Diego Ifrán
Diego Ifrán Sala, nado en Cerro Chato o 8 de xuño de 1987, é un futbolista uruguaio. Xoga como dianteiro e o seu equipo actual é o Sporting Cristal.
Diego Ifrán | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Diego Ifrán Sala | ||
Nacemento | 8 de xuño de 1987 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cerro Chato | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Sporting Cristal | ||
Número | 9 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2008 | Fénix | 50 | (19) |
2008–2010 | Danubio | 45 | (27) |
2010–2015 | Real Sociedad | 52 | (5) |
2014 | → Deportivo (cedido) | 11 | (4) |
2014–2015 | → Tenerife (cedido) | 28 | (11) |
2015–2016 | Peñarol | 19 | (4) |
2016– | Sporting Cristal | 15 | (7) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de xuño de 2015. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarO 12 de marzo de 2014 foi cedido pola Real Sociedad ao Deportivo da Coruña logo da grave lesión de Diogo Salomão, até o remate da tempada 2013–14.[1] O seu debut como deportivista chegou na xornada 31, nunha vitoria fronte o Real Zaragoza a domicilio (0–1), anotando o seu primeiro gol dúas xornadas máis tarde, nunha nova vitoria, esta vez fronte o Real Madrid Castilla a domicilio (0–2). Ese ano o club coruñés ascendeu a Primeira División, participando Ifrán en 11 encontros e anotando 4 tantos.
Na pretempada 2014–15 foi cedido novamente, esta vez ao CD Tenerife de Segunda División, por unha campaña.[2]
Notas
editar- ↑ La Real hace oficial la cesión de Diego Ifrán al Deportivo; As, 12 de marzo de 2014 (en castelán)
- ↑ Diego Ifrán, loaned to CDTenerife; Real Sociedad, 1 de agosto de 2014 (en inglés)