Diogo Salomão
Diogo Ferreira Salomão, nado en Amadora o 14 de setembro de 1988, é un futbolista portugués. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o CD Santa Clara.
Diogo Salomão | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Diogo Ferreira Salomão | ||
Nacemento | 14 de setembro de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Amadora | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Santa Clara | ||
Número | 35 | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2005 | Estrela da Amadora | ||
2005–2007 | Casa Pia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2009 | Casa Pia | 14 | (6) |
2009–2010 | Real Massamá | 26 | (4) |
2010–2016 | Sporting CP | 15 | (2) |
2011–2013 | → Deportivo (cedido) | 43 | (6) |
2013–2016 | Sporting B | 19 | (0) |
2014–2015 | → Deportivo (cedido) | 12 | (2) |
2016–2017 | Mallorca | 34 | (0) |
2017–2019 | Dinamo București | 55 | (15) |
2019 | Al-Hazem | 11 | (2) |
2019–2020 | FCSB | 3 | (0) |
2020– | Santa Clara | 14 | (0) |
Selección nacional | |||
2010 | Portugal sub-21 | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de decembro de 2017 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFormado na canteira do Estrela Amadora e Casa Pia, debutou con este último na tempada 2008–09 na Terceira División de Portugal. Na tempada 2009–10 foi contratado polo Real Massamá da Segunda División portuguesa, participando en 26 encontros. Na tempada 2010–11 foi contratado polo Sporting de Lisboa, debutando na Primeira División de Portugal e participando na UEFA Europa League, onde xogou 6 encontros e conseguiu dous goles.
Na tempada 2011–12 foi cedido, sen opción de compra, ao Deportivo da Coruña por unha campaña.[1] En xuño de 2012 renovouse a cesión por unha tempada máis.[2]
Selección nacional
editarSalomão debutou como internacional coa Selección de Portugal sub-21 no ano 2010.
Palmarés
editar- Deportivo
Notas
editar- ↑ "El Deportivo cierra un acuerdo verbal con Salomao y el Sporting"
- ↑ ""Salomao, un año más en Riazor"". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en ceroacero.es (en castelán)
- Datos do xogador en foradejogo.net Arquivado 10 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en portugués)