Diego Diz

futbolista galego

Diego Diz Martínez, nado en Vigo o 12 de novembro de 1991, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Arousa, da Segunda División RFEF.

Diego Diz
Información persoal
Nome Diego Diz Martínez
Nacemento 12 de novembro de 1991
Lugar de nacemento Vigo
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Arousa
Número 8
Carreira xuvenil
–2010 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2015 Rápido de Bouzas 106+ (18+)
2015–2016 Alondras 25 (2)
2016–2019 Rápido de Bouzas 104 (14)
2019 Grindavík 11 (0)
2020 Samtredia 15 (2)
2021 Oulu 2 (0)
2021– Arousa 15 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16 de xaneiro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse na canteira do Celta de Vigo, pasando en 2010 ao Rápido de Bouzas, co que xogou durante as seguintes cinco tempadas na Terceira División. En 2015 fichou polo Alondras, da mesma categoría, despois do interese mostrado por el durante anos do club e do adestrador Jacobo Montes.[1]

Regresou ao Rápido de Bouzas na tempada seguinte, tendo como adestrador a Patxi Salinas.[2] Militou outras tres tempadas no club vigués, e o 25 de xuño de 2017 marcou o histórico gol que lle deu ao club o seu primeiro ascenso á Segunda División B. Foi no partido de volta da final da promoción de ascenso contra o Peralada no campo do club xerundense.[3][4] Na seguinte tempada, a 2017/18, con Borja Jiménez no banco, participou da mellor campaña da historia do club, acadando a quinta posición do Grupo I da Segunda B.

Tralo descenso de novo a Terceira en 2019, deixou o Rápido e fichou polo UMF Grindavík, da Úrvalsdeild Karla, a máxima categoría do fútbol de Islandia. Nas filas do equipo islandés, quedou penúltimo na liga nacional, polo que acabou descendendo.[5] Cambiou entón de equipo e de país, pasando a xogar no FC Samtredia da Erovnuli Liga de Xeorxia. Pouco despois do comezo da liga, esta foi paralizada pola expansión da pandemia de COVID-19, enfermidade que contraeron seus pais e pola que foron ingresados no hospital, mentres el estaba atrapado no país caucásico.[6] Finalmente puido retomarse a liga, coa metade de partidos previstos inicialmente, e disputou un total de 15 encontros, marcando dous goles.

En decembro de 2020 asinou polo AC Oulu da Veikkausliiga de Finlandia.[7] Xogou medio ano no club de Ostrobotnia do Norte, ata que en xuño de 2021 volveu ás Rías Baixas para fichar polo Arousa de Xurxo Otero, na Segunda División RFEF.[8]

Notas editar

  1. "Diz y Rafita apuntan a la promoción". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  2. Castro, Jorge (19 de xullo de 2016). "La era de Salinas en Bouzas". Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  3. "Un gol que pasará a la historia". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  4. "El Rápido de Bouzas hace más grande su historia". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  5. "Diego Diz, el ingeniero de telecomunicaciones que se marchó a jugar a Islandia". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de outubro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  6. "Diego Diz, sus padres con coronavirus y él atrapado en Georgia". As (en castelán). 6 de abril de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  7. Castro, Xosé Ramón (27 de decembro de 2020). "Un futbolista vigués en Laponia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  8. Garrido, Antonio (6 de xullo de 2021). "Diego Diz regresa a España para ser el primer fichaje del Arousa" (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar