Diego Cornide Saavedra

avogado galego

Diego Cornide Saavedra, nado na Coruña en 1699 e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1776, foi un avogado galego. Exerceu distintos cargos na Real Audiencia de Galicia, e entre 1766 e 1771 serviu en México como asesor do vicerrei. Foi pai do ilustrado coruñés José Cornide. Mandou edificar na Cidade Vella da Coruña a Casa Cornide.

Infotaula de personaDiego Cornide Saavedra
Biografía
Nacemento1699 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1776 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Cornide Saavedra Editar o valor em Wikidata
Casa Cornide na Cidade Vella da Coruña

Traxectoria editar

Diego Antonio Cornide Saavedra Becerra naceu nunha familia fidalga con orixes en San Pedro de Bendia (Castro de Rei). O seu pai, Manuel Antonio Cornide Saavedra y Gayoso, casou na Coruña con Isabel Magdalena Becerra y Llamas. Cornide, que herdaría do pai os títulos de señor de Mariz, Saá, Amoeiro e Cebreiro, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado da Real Audiencia, onde desempeñou, entre outros, o cargo de Alcalde da Sala do Crime.

O 29 de outubro de 1731 casou na Colexiata de Santa María do Campo con Francisca Folgueira Bermúdez de Santiso (1692–1762), filla do seu curmán e tamén avogado Agustín Folgueira y Cornide. O único descendente, José Cornide Saavedra, naceu en 1734.

O período de maior actividade de Cornide correspóndese coa designación en 1756 como Capitán Xeneral de Galicia de Carlos Francisco de Croix, cargo que aparellaba a Presidencia da Real Audiencia. Cornide debeu de ser un home de confianza do marqués de Croix, pois figura entre os promotores do Arquivo da Real Audiencia ou do Colexio de Avogados da Coruña. Deste último foi escollido como o seu primeiro decano en 1761. Neses anos mandou edificar a casa familiar na Cidade Vella da Coruña, coñecida como Casa Cornide.

O marqués de Croix foi designado vicerrei de Nueva España en 1765. Ao ano seguinte tomou posesión do cargo, levando consigo Cornide como asesor. Cornide permaneceu en México até o relevo do vicerrei en setembro de 1771. De regreso na Coruña ocupou o cargo de Alcalde Maior da Real Audiencia.

Finou na súa residencia da Coruña o 3 de setembro de 1776.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • López Gómez, P (1987). José Cornide, el coruñés ilustrado. Vía Láctea. 
  • López Gómez, P.; Suárez Rodríguez, M. de la O (2019). "Diego Cornide, asesor del Virrey de la Nueva España". Boletín del Archivo General de la Nación (1 (xaneiro-abril)): 155–183.