Diana López Varela
Diana López Varela, nada en Pontevedra en 1986, é unha xornalista, guionista e escritora galega.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidad Nacional de Educación a Distancia Universidade San Pablo CEU Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora , xornalista , guionista |
Traxectoria
editarLicenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago en 2008 e fixo mestrados na Universidade San Pablo CEU (2010), na Universidade de Vigo (2012) e na UNED (2019).[3]
Ten traballado como xornalista no Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Radio Galega (Galicia por diante), VEO 7, Telecinco e Telelugo (presentou e dirixiu De tarde en tarde). Tamén colaborou en Jot Down, Elnacional.cat, Luzes de Galicia, Yes (La Voz de Galicia), Público, Onda Cero[4] (Un alto en el camino, desde 2017).
En 2012 abriu o blog Suspenso en Religión[5] no que publicou o artigo "Mi coño", sobre o aborto, que tivo moita repercusión nos medios.[6]
Desde 2018 organiza con Susana Pedreira o congreso As Mulleres que Opinan son Perigosas, encontro de mulleres columnistas que se celebra en Pontevedra arredor do 8 de marzo.[7]
Ten participado en múltiples palestras, encontros etc sobre xénero e feminismo.[3]
Obra
editar- No es país para coños (2016). Península. 296 páxs. ISBN 978-84-9942-545-0. (en castelán)
- No es país para coños, obra de teatro escrita e dirixida por Diana López Varela.[8]
- Maternofobia (2019). Península. 232 páxs. ISBN 978-84-9942-814-7. (en castelán)
Obra colectiva
editarGuionista
editar- O gato con botas, 4 tempadas na TVG.[11]
- Land Rober Tunai Show, 4ª tempada, TVG.
- Vou que teño que ir, TVG[12]
- Clases de lo Social, webserie, 2ª tempada
- Superpunky, curta musical
- Feminazi, curta
- 25 anos de Cinema Galego, documental, en colaboración.
- Memorias de un Hombre en Pijama, película de animación.
- Mañana no te Olvides, película.
- O home e o can, película[13]
Notas
editar- ↑ "Diana López Varela". guionistas.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2021. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Diana López Varela". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 2022-03-23.
- ↑ 3,0 3,1 Admin. "sobre mí – DIANA LÓPEZ VARELA" (en castelán). Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Diana López Varela: “La anorexia fue el bicho de mi adolescencia, una etapa sobre la que nunca había escrito" Onda Cero Radio". www.ondacero.es (en castelán). 2021-02-18. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Galiciae. "Galiciae". Galiciae (en castelán). Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Entrevista. Diana López Varela nos cuenta por qué España no es país para coños. Cactus" (en castelán). 2016-12-21. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "As mulleres que opinan son perigosas". IGUALDADE do Concello de Pontevedra. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "«No es país para coños» en teatro". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-29. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Todas contamos". Silvia Sancho (en castelán). 2019-04-02. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Noticia - A memoria de “As mulleres que opinan son perigosas” chega en formato libro - edepo - Liferay". edepo. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "O gato con botas CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Vou que teño que ir CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Nouche, Juan (2019-06-10). "O Home e o Can » Ézaro Films". Ézaro Films (en castelán). Consultado o 2022-03-23.