Dialectos do castelán

Variedades rexionais da lingua castelá

O castelán conta con moitas variedades rexionais ou dialectos, que poden ser bastante diverxentes uns dos outros, especialmente no tocante á pronunciación e ao vocabulario, mais non tanto en canto á gramática. Malia que tódolos dialectos do castelán se adhiren ao mesmo estándar escrito, tódalas variedades faladas difiren da versión escrita en diferentes graos. Existen diferenzas entre os castelán peninsular e o castelán de América, ao mesmo tempo que existen diversas áreas dialectais tanto en España como en América Latina.

Dialectos principais do castelán.

As principais diferenzas de pronunciación entre os dialectos do castelán inclúen:

  1. O mantemento ou perda de diferenciación entre os fonemas /θ/ e /s/ (distinción vs. seseo e ceceo);
  2. O mantemento ou perda de diferenciación entre os fonemas representados graficamente por ll e y (yeísmo);
  3. O mantemento do [s] ao final de sílba vs. o seu debilitamento en [h] (chamado aspiración, ou de maneira máis precisa debucalización), ou a súa perda; e
  4. A tendencia, en áreas de México central e das terras altas andinas, á neutralización (especialmente silenciando), ou a perda, de vogais sen acentuar, especialmente cando están en contacto con consoantes xordas.[1][2][3]

Entre os trazos gramaticais, a variación máis salientable entre os dialectos é o uso da segunda persoa dos pronomes. En América Latina, a única forma do pronome de segunda persoa plural, tanto no rexistro formal como no informal, é "ustedes", mentres que en España, o pronome informal de segunda persoa plural é "vosotros", sendo "ustedes" usado soamente no tratamento formal. Para o pronome de segunda persoa en singular, algúns dialectos de América Latina empregan "tú", mentres que outros empregan a forma "vos".

Existen diferenzas significativas no vocabulario entre as diferentes variedades do castelán, en especial nos termos referidos a comida, obxectos do día a día e roupa. Moitas variedades de América Latina teñen unha considerable influencia léxica das linguas indíxenas de América.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar