Deus, por que es tan fato!
Deus, por que es tan fato! (en alemán: Gott, du kannst ein Arsch sein!) é un filme dramático alemán de 2020.[1][2] Baséase na novela homónima de Frank Pape de 2015, na que describiu o destino da súa filla Stefanie Pape. Baséase en feitos reais.[3]
Deus, por que es tan fato! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gott, du kannst ein Arsch sein! |
Director | André Erkau |
Produtor | Tommy Wosch |
Guión | Katja Kittendorf Tommy Wosch |
Música | Michael Regner |
Fotografía | Torsten Breuer |
Estudio | UFA Fiction |
Distribuidora | ADS Service |
Estrea | 1 de outubro de 2020 23 de abril de 2024 (TVG) |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Alemaña |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Estreouse en galego o 23 de abril de 2024 a través da TVG.[4]
Sinopse
editarSó uns días despois de graduarse no instituto, Steffi, de 16 anos, descobre que ten un cancro terminal. Os seus pais reaccionan impotentes e prohíbenlle participar na viaxe de graduación a París. Ela escapa co acróbata Steve e conduce con el na furgoneta do seu pai cara á capital francesa. Os pais de Steffi séguena.
Produción
editarRodouse en Renania do Norte-Westfalia, Baviera e Francia até o mes de outubro de 2019. Estreouse o 1 de outubro de 2020 nos cinemas alemáns.[5] Emitiuse o 20 de xaneiro de 2022 en RTL Television. Chegou a 1,60 millóns de espectadores.[6]
A banda sonora foi composta por Michael Regner.[7]
Notas
editar- ↑ Kritik zu Gott, du kannst ein Arsch sein, filmstarts.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
- ↑ Gott, du kannst ein Arsch sein, kino-zeit.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
- ↑ Gott, du kannst ein Arsch sein, ufa.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Deus, porque es tan fato! en galego na TVG". Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ Gott, du kannst ein Arsch sein, kino.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
- ↑ Til Schweiger reißt für RTL keine Bäume aus, quotenmeter.de, aufgerufen am 21. Januar 2022.
- ↑ Soundtrack aufgerufen am 22. Januar 2022.