Despertar foi un periódico editado en Foz en 1936.

Despertar
Lingualingua castelá
LocalidadeFoz
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano del Comité de Salud Pública Focense, apareceu o 7 de abril de 1936. Despois cambiou o subtítulo por Semanario republicano. Afirmaba que nacía coa intención de renovar a vida política de Foz e quería "redimir a Foz de esclavitudes caciquiles y de la apatía que aquel pone en el ejercicio de sus deberes y derechos cívicos". Creado por un grupo de mozos de Foz, apoiados na figura de Ramón Salgado Toimil, estaba dirixido por Francisco Calvo Jarrín e o seu administrador era S. Vázquez López. Entre os seus colaboradores figuraban Salgado Toimil, Antonio Noriega Varela, Cándido Fanego López e Francisco Maañón Couto. Cesou a súa publicación co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 411–412. ISBN 84-8192-110-6. 

Ligazóns externas editar