Desmond Tutu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Desmond Mpilo Tutu, nado en Klerksdorp (Transvaal) o 7 de outubro de 1931 e finado na Cidade do Cabo o 26 de decembro de 2021, foi un pastor anglicano, teólogo e pacifista surafricano, que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid.
Traxectoria
editarTutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como arcebispo anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.
Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arco da Vella, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.
Recoñecementos
editarTen sido nomeado Doutor honoris causa por varias universidades como a de Portland ou no ano 2000 pola Pompeu Fabra de Barcelona.[1]
Notas
editar- ↑ "Reverend Arquebisbe Desmond Tutu, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 16 de febreiro de 2000. Consultado o 4 de novembro de 2023.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Desmond Tutu |