Desautomatización
A desautomatización é, en teoría literaria, poética e lingüística, un concepto creado pola teorías do Formalismo ruso, en concreto de Víctor Sklovski, e defínese como un proceso polo cal o espírito creador do individuo irrompe na linguaxe rebelándose contra o seu carácter colectivo e socializado, rompendo a relación estatuída e convencional da linguaxe.
Exemplos e características
editarPode ser, por exemplo, unha inversión: no canto de dicir "Mortadelo e Filemón", dicir "Mortamón e Filedelo", ou dicir, no canto de "E así e todo", "e todo e así"; tamén pode ser a rotura ou complicación dunha frase feita etc... En suma, un xogo creativo coa linguaxe que posibilita a súa arriquecemento e a súa consideración artística. Considérase, pois, que a desautomatización, extrañamento, alienación ou desvío lingüístico é uns dos compoñentes básicos da linguaxe estilizada ou artística, da literariedade, da literatura.