Derrick Caracter

baloncestista estadounidense

Derrick Caracter, nado o 4 de maio de 1988 en Fanwood, Nova Jersey, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,06 metros e xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.

Derrick Caracter
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 4 de maio de 1988 (35 anos)
Fanwood, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 125 kg (275 lb)
Información da carreira
Instituto St. Patrick (Elizabeth, Nova Jersey)
Scotch Plains-Fanwood
(Scotch Plains, Nova Jersey)
Notre Dame Prep
(Fitchburg, Massachusetts)
Universidade Louisville (2006–2008)
UTEP (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por Los Angeles Lakers
Carreira 2010–2018
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2010-2012)
Bakersfield Jam (2011)
Los Angeles D-Fenders (2012)
Rio Grande Valley Vipers (2012)
Idaho Stampede (2012)
Mets de Guaynabo (2012)
Bnei Herzliya (2012-2013)
Pieno žvaigždės Pasvalys (2013)
Idaho Stampede (2014)
Flamengo (2014)
Yulon Dinos (2015)
Club Atlético Atenas (2015)
GlobalPort Batang Pier (2015)
Erie BayHawks (2015-2016)
Hapoel Ramat Gan Givatayim (2016)
Prievidza (2016)
AS Ramat HaSharon (2016)
Atletico Echague Parana (2017)
Capitanes de Arecibo (2018)

Carreira editar

Instituto editar

A súa vida no instituto foi un continuo problema debido á súa indisciplina. Pasou por tres high school diferentes e nunca se interesou polos estudos. Probou a xogar ao fútbol americano e ao béisbol, pero pronto se deu conta de que a súa vida era o baloncesto. A súa actitude pareceu corrixirse cando chegou a Notre Dáme Preparatory School, pero academicamente continuou sendo un desastre.[1]

Universidade editar

Tras acabar a súa etapa de instituto, tivo que consituar os seus estudos e a súa carreira deportiva na NCAA, xa que as normas da NBA non permiten dar o salto a profesionais sen pasar pola universidade, como era a súa pretensión.[2] Chegou aos Cardinals da Universidade de Louisville en 2006, destino elixido por afinidades cun axudante de Rick Pitino, o seu adestrador. Chegou pasado de peso (145 quilos para os seus 2,06 metros de estatura), polo que o adestrador impúxolle un severo réxime e non lle permitiu xogar ata que alcanzase un peso óptimo.[1] Na súa primeira tempada perdeuse 16 partidos por ese motivo, e fixo medias no resto 8,1 puntos e 3,9 rebotes.[3]

Tras unha segunda tempada cos Cardinals onde non melloraron substancialmente as cousas, en 2008 foi transferido aos Miners da Universidade de Texas-El Paso, onde comezou a centrarse máis no seu traballo.[1] Debido ás normas da NCAA tivo que pasarse un ano sen competir, e tras perderse os 5 primeiros partidos da tempada 2009-10, na súa segunda aparición cos Miners conseguiu o cuarto dobre-dobre da súa carreira, tras lograr tres en Louisville, anotando 15 puntos e capturando 15 rebotes ante Alcorn State.[4] O seu partido máis completo da tempada disputouno ante a Universidade de Houston, conseguindo 22 puntos e 13 rebotes.[5] Ao termo da tempada foi incluído no segundo mellor quinteto da Conference USA, e no primeiro equipo do distrito pola NABC.[6]

Estatísticas editar

Tempada Equipo Partidos Min. %TC %TL Pts. Reb. Asts. Rou. Tap. FP
2006-07 Louisville Cardinals
18
13,3 55,8 52,7 8,1
3,9
0,3
0,3 0,4 2,9
2007-08 Louisville Cardinals
35
16,9 55,2 63,0 8,3
4,5
0,5
0,6 0,9 3,1
2009-10 UTEP Miners
27
26,7 56,7 67,2 14,1
8,1
1,1
1 0,9 3,0

Profesional editar

Foi elixido na quincuaxésimo oitava posición do Draft da NBA de 2010 por Los Angeles Lakers,[7] quen, tras verse sorprendidos pola súa grande actuación na liga de Verán de Las Vegas, onde liderou ao seu equipo con 15,4 puntos, 8,6 rebotes 1,4 tapóns e un 59% de acerto nos tiros de campo,[8] fichárono para a tempada 2010-11.[9]

O 7 de febreiro de 2012, foi cortado polos Lakers.[10]

Máis tarde xogou en curtos períodos de tempo cos Bakersfield Jam, Rio Grande Valley Vipers e Idaho Stampede. O 22 de abril de 2012, asinou cos Mets de Guaynabo de Porto Rico, e debutou cos 17 puntos e 5 rebotes en 19 minutos de xogo.[11]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar