Dermatobia hominis

especie de insecto

Dermatobia hominis (do grego δέρμα, pel + βίος, vida, e do latín hominis, dun humano), é unha especie de mosca cuxas larvas parasitan os humanos (ademais dunha ampla gama doutros animais, incluíndo outros primates).[1] É o único éstrido que parasita o ser humano.[1]

Dermatobia hominis

Femia adulta.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Diptera
Familia: Oestridae
Subfamilia: Cuterebrinae
Xénero: ''Dermatobia''
Especie: ''D. hominis''
Nome binomial
'Dermatobia hominis'
(Carl von Linné (fillo) en Pallas, 1781)
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.
Sinonimia

Oestrus hominis (Linné (fillo) en Pallas, 1781)

Esta especie é orixinaria de gran parte do continente americano, dende México até o norte da Arxentinae Chile, aínda que non é numerosa abondo como para considerala unha auténtica praga. As erupcións que producen na pel teñen pouca tendencia a infectarse, probablemente porque a propia larva segrega antibióticos como unha estratexia adaptativa de maneira que a propia larva dispoña de alimento en bo estado. A infección é moito máis probábel se a larva é parcialmente extraída ao intentar eliminala, deixando restos baixo a pel.[2]

  1. 1,0 1,1 "Human Bot Fly Myiasis" (PDF). U.S. Army Public Health Command (provisional), formerly U.S. Army Center for Health Promotion and Preventive Medicine. xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2022. Consultado o 14 de agosto de 2014. 
  2. Piper, Ross (2007). "Human Botfly". Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals. Westport, Connecticut: Greenwood Publishing Group. pp. 192–194. ISBN 0-313-33922-8. OCLC 191846476. Consultado o 13 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar