Derick Baegert

pintor alemán

Derick Baegert, nado en Wesel cara a 1440 e finado na mesma cidade en 1502, foi un pintor alemán do período gótico serodio. Baixo a influencia da escola flamenga desenvolveu o seu propio estilo de extraordinaria cualidade. As súas obras caracterízanse por un alto nivel de detalle na pintura.

Derick Baegert
Nacemento1440
 Wesel
Falecemento1515
 Wesel
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónpintor
FillosJan Baegert
editar datos en Wikidata ]
Crucifixión, Detalle: O capitán baixo a cruz; Colección Thyssen-Bornemisza, Madrid.

ObrasEditar

Cara a 1475 pintou a parte superior do altar da igrexa do mosteiro dominico de Dortmund, as pinturas foron patrocinadas polo duque de Kleves Xoán I, a obra é un autorretrato do artista, o primeiro coñecido no noroeste de Europa.

No seguinte período (1477-1478) foi o altar superior da igrexa de Mathena, Wesel, destruído na Segunda Guerra Mundial, só se conservan fragmentos no Museo Thyssen-Bornemisza. En 1493/94 pintou O Xuízo para a Cámara Municipal, actualmente no Museo Municipal de Wesel. Baegert é autor doutros altares no noroeste de Alemaña, incluíndo o altar da Crucifixión, en San Lourenzo, Colonia, datado en 1500 e agora na Alta Pinacoteca de Múnic.

Retablo da Igrexa dos dominicos

As tres partes do altar de Derick Baegert na igrexa dos dominicos

ObradoiroEditar

No obradoiro traballaba co seu fillo Jan e o seu sobriño Jan Joest, fillo dunha irmá de Derick

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Wolfgang Rinke: Der Altar in der Probsteikirche zu Dortmund: ein Werk des Malers Derick Baegert aus Wesel; Geschichte, Kunstgeschichte, Bildbeschreibung, Bilddeutung, Cramers Kunstanstalt, Dortmund 1992. ISBN 3-924302-53-7
  • Gottfried Müller: Simon von Kyrene in der Bildkomposition des Derick Baegert: Bemerkungen zum großen Triptychon der Dortmunder Propsteikirche, in: Beiträge zur Geschichte Dortmunds und der Grafschaft Mark 87, Essen 1996 (1997), S. 97–116 ISBN 3-88474-543-3
  • Paul Montag: Der Baegert-Altar in der Dortmunder Propsteikirche, in: Heimat Dortmund 2/2001, Zeitschrift des Historischen Vereins für Dortmund und die Grafschaft Mark e.V. in Verbindung mit dem Stadtarchiv Dortmund, Essen 2001, S. 27–31

Ligazóns externasEditar