Derek Harper
Derek Ricardo Harper, nado en Elberton (Xeorxia) o 13 de outubro de 1961, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que disputou dezaseis tempadas como profesional na National Basketball Association (NBA) entre 1983 e 1999. Con 1,92 metros de estatura, xogaba de base.
Derek Harper | |
---|---|
Posición | Base |
Dorsal | 12, 11 |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 86 kg (185 lb) |
Nacemento | 13 de outubro de 1961 (62 anos) Elberton Xeorxia |
Carreira | |
Universidade | Illinois |
NBA Draft | 1983 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por Dallas Mavericks |
Tempadas | 1983–1999 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 16 006 (13,3 pp) |
Asistencias | 6 577 (5,5 pp) |
Roubos | 1 957 (1,6 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Traxectoria deportiva editar
Harper xogou durante tres tempadas para os Fighting Illini da Universidade de Illinois, sendo o seu mellor ano o terceiro e último, cando fixo 15,4 puntos e 3,7 asistencias por partido, sendo elixido no mellor quinteto da Big Ten Conference. No total de tres anos os seus números foron de 10,9 puntos, 4,7 asistencias e 3,6 rebotes por partido.
Foi elixido na undécima posición do Draft da NBA de 1983 polos Dallas Mavericks, equipo co que disputaría 12 das súas 16 tempadas como profesional. Tras dous anos algo titubeantes, a partir do terceiro empezou a tomar as rendas do seu equipo, roldando case sempre os 18 puntos e 7 asistencias por encontro, ao que sumaba a súa boa defensa, que lle fixo merecer o aparecer en dúas ocasións no segundo mellor quinteto defensivo da liga. Tras 11 tempadas ininterrompidas en Texas, en 1994 foi traspasado aos New York Knicks, onde rende a un bo nivel nos dous anos e medio que permanece na cidade dos rañaceos. Regresa a Dallas en 1996, onde xoga unha tempada, para ir parar xa con 36 anos, a Orlando Magic coa misión de axudar como veterano ap base titular do equipo, Penny Hardaway, algo que faría de novo na súa última tempada como profesional en Los Angeles Lakers. En 16 tempadas anotou 16.006 puntos, facendo ao final 13,3 puntos e 5,5 asistencias.
Equipos editar
Logros persoais editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil histórico en nba.com
- Estatísticas de Derek Harper Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine.