Deputación Foral de Biscaia

(Redirección desde «Deputación de Biscaia»)

A Deputación Foral de Biscaia (en éuscaro: Bizkaiko Foru Aldundia, en castelán: Diputación Foral de Bizkaia) é o órgano de goberno do territorio histórico de Biscaia, no País Vasco (España).

Palacio da Deputación, en Bilbao.

Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Biscaia exerce competencias específicas derivadas da súa natureza como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía e da Lei de Territorios Históricos de 1983.

A Deputación é o órgano executivo que depende das Xuntas Xerais de Biscaia (que é o órgano lexislativo).

Deputado Xeral de Biscaia

editar

Á fronte da Deputación Foral encóntrase o Deputado Xeral que é elixido polas Xuntas Xerais de Biscaia.

Deputados Xerais de Biscaia dende a Transición

editar

a Nas eleccións de 2003 José Luis Bilbao foi elixido como cabeza de lista dunha coalición PNV-EA. Nas eleccións de 2007 e 2011 presentouse como cabeza de lista da candidatura do seu partido, o PNV.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar