Departamentos de Bolivia

En Bolivia, os departamentos son as maiores entidades subnacionais nas que se subdivide o territorio do Estado. Desde o 4 de abril de 2010, contan con autonomía recoñecida pola constitución a nivel executivo e lexislativo pero non xudicial.

Coa nova constitución, o 4 de abril de 2010 foron substituídas as prefecturas de todos os departamentos bolivianos polos gobernos departamentais, entidades gobernamentais segundo o texto constitucional. Os gobernos departamentais son encabezados por gobernadores electos mediante o voto popular.

Precedentes editar

O sistema de comunidades autónomas é froito dunha intensa negociación na época da Crise política, entre os partidos que querían o centralismo, e os que buscaban un Estado federal ou descentralizado.

A Constitución Boliviana de 2009 introduciu como novidade o estado rexional, a semellanza do de España. Retoma ese proceso para evitar o federalismo, pero introducindo dúas vías de conseguir a autonomía establecendo tres categorías de autonomías. Establece a organización territorial do Estado en municipios, provincias e departamentos autónomos, con competencias para xestionar os seus propios intereses.

Organización dos Departamentos Autónomos editar

Cada departamento ten unha Asemblea e un Goberno autonómico que organizan os asuntos departamentais.

A Asemblea departamental editar

A Asemblea está formada polos representantes que foron elixidos polos cidadáns. Esta Asemblea elabora as leis autonómicas, que se aplican no territorio do departamento. A lei máis importante dun departamento é o Estatuto de Autonomía. Nel defínense as competencias autonómicas, así como establecerse a capital, a lingua ou linguas oficiais, o territorio ou os símbolos.

O gobernador editar

  • Nomeamento. Unha vez celebradas as eleccións e constituída a cámara, o Gobernador da Asemblea propón o candidato do partido con maior representación. Este candidato sométese a votación, que debe ser apoiado por maioría absoluta na primeira votación e se non a tivera, na segunda por maioría simple.

Se non obtivese o apoio repetiríase a votación con distintas candidaturas, até que se pasados dous meses desde a primeira votación ningún dos candidatos obtivera o apoio, disolveríase a cámara, e convocaríanse eleccións de novo.

  • Funcións Dirección do Consello de Goberno e suprema representación do departamento, representante do Estado no departamento. Promulga e ordena a publicación das Leis e do nomeamento do Poder Xudicial no departamento.

Os secretarios editar

Son as persoas responsables dos distintos asuntos do departamento autónomo. Son elixidos polo Gobernador.

Lista de departamentos de Bolivia editar

Departamentos de Bolivia
Departamento Provincias Capital Superficie (km²) Poboación (hab) Densidade (hab/km²)
  Beni 8 Trinidad 213.564 430.049 2,0
  Chuquisaca 10 Sucre 51.524 631.062 12,2
  Cochabamba 16 Cochabamba 55.631 1 786 040 32,1
  La Paz 20 Nuestra Señora de La Paz 133.985 2 756 989 20,6
  Oruro 16 Oruro 53.588 444.093 8,3
  Pando 5 Cobija 63.827 75.335 1,2
  Potosí 16 Potosí 118.218 780.392 6,6
  Santa Cruz 15 Santa Cruz de la Sierra 370.621 2 626 697 7,1
  Tarija 6 Tarija 37.623 496.988 13,2
  Bolivia 112 Sucre (Constitucional) A Paz (De facto) 1 098 581 10 027 644 9,1
Fonte: Proyecciones Demográficas 2008, INE.[1]

Notas editar