Denpa, tamén coñecido como REXS (acrónimo de Radiation Experiments Satellite) foi un satélite artificial de Xapón lanzado o 19 de agosto de 1972 mediante un foguete M-4S desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][3][4][5]

Denpa / REXS
TipoCientífico
OrganizaciónISAS
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento19 de agosto de 1972[1][2][3]
Foguete portadorM-4S[3][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[3][5]
Obxectivo da misiónEstudo dos cintos de radiación terrestres.[3][5]
Decaemento19 de maio de 1980[1]
NSSDC ID1972-064A
Masa75 kg[3]

Características editar

Denpa foi un satélite pertencente á axencia ISAS coa misión de estudar a contorna electromagnética, as ondas de plasma, a densidade de electróns e outros fenómenos na magnetosfera inferior.[3][4][5]

O satélite tiña unha masa de 75 kg, con forma de columna octogonal de 75 cm de diámetro e 75 cm de altura. Do corpo sobresaían tres antenas de 2 m de longo, cun magnetómetro situado no extremo dun mastro de 0,5 m sobresaindo dunha das bases. Denpa estabilizábase mediante xiro, a 3 rpm. A enerxía eléctrica do satélite viña de 5000 células solares cubrindo a superficie de Denpa.[3][4][5]

Denpa deixou de transmitir uns poucos días despois de ser posto en órbita sen ter chegado a obter resultados científicos apreciables. A investigación concluíu que a causa do fallo foi un arco de alta voltaxe despois de acender os instrumentos. O satélite reentrou na atmosfera o 19 de maio de 1980.[3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "DENPA (REXS)" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 25 August 1972 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (72-16914). 31 de agosto de 1972: 1. Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (28 de outubro de 2022). "DENPA" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "REXS (Denpa)" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "REXS" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar