Demetrio Vázquez Mosquera
Demetrio Vázquez Mosquera, nado en Ferrol en 1896 e finado na Coruña o 16 de agosto de 1971,[1] foi un empresario, político e pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 16 de agosto de 1971 ![]() A Coruña, España ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor , político , pintor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarCaixeiro da Compañía General de Carbones, foi contador do Pósito de Marineros de Corcubión (1925). Na II República foi elixido concelleiro de Corcubión. Foi deputado provincial polo distrito de Negreira-Corcubión.[2] Cesou como deputado provincial en abril de 1932.[3] En xaneiro de 1933 foi nomeado alcalde de Corcubión.[4] No franquismo foi director da Compañía General de Carbones (1957).[5] Pintor afeccionado, residente na Coruña dedicouse á pintura e foi presidente da Asociación de Artistas da Coruña de 1957 ata a súa morte en 1971.
Predecesor: Manuel Romero Castro |
Alcalde de Corcubión 1933 - 1934 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarCasou en Pontevedra con María del Pilar Cabrinetti Fernández en 1922.[6]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 18-8-1971, p. 7.
- ↑ El Orzán, 6-5-1931, p. 1.
- ↑ El Eco de Santiago, 22-3-1932, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 14-1-1933, p. 2.
- ↑ La Noche, 15-3-1957, p. 4.
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 25-8-1922, p. 2.