Demetrio Fernández González

Demetrio Fernández González, nado en El Puente del Arzobispo (Toledo) o 15 de febreiro de 1950, é un bispo católico español. Dende 2010 ocupa a cátedra de Córdoba.

Infotaula de personaDemetrio Fernández González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
El Puente del Arzobispo, España Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Bishop of Cordoba (en) Traducir
18 de febreiro de 2010 –
← Juan José Asenjo Pelegrina (pt) Traducir
Bispo de Tarazona
9 de decembro de 2004 – 18 de febreiro de 2010
← Carmelo BorobiaEusebio Ignacio Hernández Sola (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2005–), sacerdote católico (1974–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónManuel Monteiro de Castro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
9 de xaneiro de 2005episcopal consecration in the Roman rite (Catholic Church) (en) Traducir (Mosteiro Real de Santa María de Veruela (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(la) Ecce venio Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2155923

Biografía editar

Sacerdocio editar

Ingresou no Seminario de Talavera de la Reina e posteriormente no Seminario Menor de Toledo. Cursou os estudos superiores no Seminario Maior "San Ildefonso" de Toledo e no Seminario de Palencia.

Foi ordenado sacerdote o 22 de decembro de 1974 en Toledo, polo cardeal arcebispo de Toledo Marcelo González Martín. Foi coadxutor de “El Buen Pastor” en Toledo entre 1974 e 1977, e capelán do Colexio Vedruna en 1976. Posteriormente cursou estudos en Roma entre 1977 e 1980, no Colexio Español, onde obtivo a Licenciatura en Teoloxía Dogmática pola Pontificia Universidade Gregoriana.

Episcopado editar

O 9 de decembro de 2004 foi designado bispo de Tarazona polo papa Xoán Paulo II, recibindo a consagración episcopal de mans de Manuel Monteiro de Castro o 9 de xaneiro do seguinte ano no Mosteiro de Veruela.[1]

Logo de cinco anos de servizo na diocese aragonesa, o papa Bieito XVI nomeouno Bispo de Córdoba o día 18 de febreiro de 2010 en substitución de Juan José Asenjo, tomando posesión do cargo o 20 de marzo do mesmo ano. Porén, seguiu vencellado coa diocese ao ser designado administrador apostólico de Tarazona, cargo que mantivo até a designación de Eusebio Fernández Sola como bispo, en 2011.

Controversias editar

Durante a celebración da misa pola Festa da Sagrada Familia o 26 de decembro de 2010 na Catedral de Córdoba, o bispo deu unha homilía na que condenou as ameazas que, ao seu xuízo, atacaban á familia, centrándose en cuestións como o aborto ou o divorcio. Da súa homilía transcendeu aos medios de comunicación unha afirmación que o bispo atribuíu ao cardeal Ennio Antonelli, segundo a que "a UNESCO ten programado para os próximos vinte anos que a metade da poboación sexa homosexual".[2][3]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Joaquín Carmelo Borobia
 
 
Bispo de Tarazona
 
2004 - 2010
Sucesor:
Eusebio Hernández Sola
Predecesor:
Juan José Asenjo
 
 
Bispo de Córdoba
 
2010 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)

Notas editar

  1. Redacción de EFE. "El Papa nombra a Demetrio Fernández nuevo obispo de Córdoba" (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2013. 
  2. Manuel Planelles (2 de xaneiro de 2011). "El obispo de Córdoba: "La Unesco quiere hacer que la mitad de la población sea homosexual"". El País. Consultado o 16 de xullo de 2013. , (en castelán).
  3. Demetrio Fernández (30 de decembro de 2010). "La familia, esperanza de la humanidad (Homilía completa)". Infocatólica. Consultado o 16 de xullo de 2013.  (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar