Abrir o menú principal
Dedo maior
Middle finger BNC.jpg
Dedo maior
Latín digitus medius

Dedo medio, dedo do medio, maior[1] ou pai de todos[2] é un dedo quirodáctilo situado na rexión central da man, entre o dedo índice e o anular.

Como xesto obscenoEditar

Na cultura occidental este xesto popular é utilizado para ofender. Na Grecia Antiga o dedo medio estendido coñecíase como κατάπυγον (katapugon, de kata -κατά-, "para baixo" e pugē -πυγή- "nádegas") e as primeiras referencias deste dedo estendido para insultar outra persoa aparecen na comedia grega antiga, onde o termo katapugon tamén significaba "un home (ou unha muller, katapugaina) que se somete a penetración anal.

Este dedo tamén aparece nomeado como impudicus digitus (dedo atrevido) en antigos escritos romanos e ese uso probabelmente se xeneralizou en moitas culturas debido á influencia xeográfica do Imperio Romano e a civilización greco-romana. Outra posíbel orixe dese xesto pode encontrarse no século I no Mediterráneo, onde estender o dedo foi un dos moitos métodos usados ​​para desviar a ameaza sempre presente do mal de ollo.

Notas